O FIM celebra a súa trixésima edición. Un dos máis veteráns e destacados festivais galegos, nacido na década na que o celtismo afirmaba unha nova liña estética na música tradicional contemporánea en Galicia, recollendo esa influencia atlántica de Irlanda, Escocia e Bretaña e unha etiqueta comercial que actualizaba a música urbana de raíz, foi quen de asentar un panorama e unha rede de festivais que sobrevive trinta anos despois.
Para este 2014 o cartel do Intercético en Moaña celébrase na última fin de semana de mes, o 25 e 26 xullo e conta cos coruñeses Luar na Lubre e a banda de Susana Seivane, o músico local Xosé Manuel Budiño, e os tamén oruñeses Seisporoito, gañadores do concurso de bandas noveis.
O FIM naceu coma o Festival Noctucno Celta de Moaña e a a primeira edición celebrouse o día de Santa María de 1985.