|
|
Programa
de Percusión O ensino da percusión a través dos distintos cursos terá como obxectivo contribuír ó desenvolvemento nas aulas, das seguintes capacidades: · Dominar tecnicamente tódolos instrumentos da familia da percusión galega: tamboril, culleres, bombo, cunchas, pandeireta, tarrañolas, pandeiro, charrasco, castañolas, canabeira, carraca, morteiro, botella anís, piñas, ... así como a coordinación rítmica e motriz que esixe o conxunto de todos eles. · Coñecemento e execución dos distintos ritmos tradicionais galegos: muiñeira, jota, ribeirana, foliada, alborada, pasodoble, rumba, pasacorredoira e breve introducción a ritmos amalgamados. · Tocar en grupo, sen director, con precisión e coñecemento da obra. · Utilización con autonomía progresiva, dos coñecementos musicais para solucionar cuestións relacionadas coa interpretación: articulación, coordinación entre as dúas mans, dinámica, ... ·
Interpretación dun repertorio de distintas pezas e estilos adecuados
a cada nivel. · Actuacións en público en combos formados polas distintas aulas. ...........PROGRAMA de PERCUSIÓN 1º CURSO..................... - Introducción
ó solfexo e escrita para percusión. ...........PROGRAMA de PERCUSIÓN 2º CURSO..................... - 2º
Nivel. Solfexo e escrita para percusión. ...........PROGRAMA de PERCUSIÓN 3º CURSO..................... - Afianzamento
das técnicas de agarre. ...........PROGRAMA de PERCUSIÓN 4º CURSO..................... - Introducción
a percusións foráneas con aplicacións á música
galega. ...........CRITERIOS de AVALIACIÓN..................... ·
Traballo continuado segundo a programación a través do curso. |