Þ
Nace no 1963, e nos anos 80 comeza o seu
achegamento e traballo na música tradicional da man do
mestre Henrique Otero "O gaiteiro do Fragoso", na agrupación
"Raigames" e "Amieiros do Lagares" como tamborileiro.
Þ
Posteriormente cofunda o Colectivo Paseniño
co artesán Gonzalo Caride e os irmáns Xan e Antón
López, hoxe gaiteiros de Treixadura. O Colectivo Paseniño
era un proxecto artístico onde colaboraban fotógrafos,
poetas, pintores e músicos baixo o mesmo referente criativo.
Gravaron música para o recoñecido contacontos
Carlos "O Xestal", participaron na homenaxe celebrada en Vigo
a José Afonso e na homenaxe en Lisboa a finais dos anos
80. Durante a súa estadía en Paseniño foi
membro do Grupo Didáctico da Universidade Popular de
Vigo, e ten colaborado como percusionista con numerosos grupos
da zona Sul da Galiza como Muxicas, Xistra de Coruxo, Carunchos
e Mattocongrio (anterior grupo de Berrogüetto e Carlos
Núñez).
Þ
Tivo tamén o orgullo e privilexio
de acompañar a última etapa musical de D. Ricardo
Portela, gravando con el o seu último traballo "Alvorada
en Cotobade".
Þ
Durante este tempo, imparte aulas en distintas
agrupacións, colectivos e asociacións culturais
en Vigo, onde atinxiu un recoñecido prestixio como mestre.
Os seus alunos agora participan en grupos de música tradicional
como Violia, Xistra de Coruxo, Carunchos....
Þ
En 1996 intégrase na formación
de Chouteira como percusionista, e é entón que
desenvolve a súa criatividade e interpretación
neste grupo. Con Chouteira grava dous discos, no 1997 "Ghuaue!"
e no 2000 "Folla de Lata".
Þ
Actualmente é profesor de percusión
no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín.