Óscar
Fernández Sanjurjo


Profesor de sanfona

Despois de varias experiencias na música tradicional e folc entra formar parte do grupo Saraibas no ano 1978 nunha época de experimentacion en arranxos para musica popular de autor e con moitos instrumentos que tiña ao seu alcance: gaita, frauta traveseira, guitarra, mandolina, harpa, acordeón e participa na grabación do disco "Careca" do mesmo grupo asi como unha colaboración no disco "Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro".

Pronto decide concentrarse no acordeon como instrumento complementario da gaita no dúo Carlos Zaera - Oscar Fernández Gaita e Acordeón recibindo o premio de Maitres Soneurs no apartado de dúos no Festival de Saint Chartier (Francia) do ano 1982.

No ano 1984 deixa o grupo Saraibas e comenza a dirixir un proxecto de música tradicional que sería logo o grupo Os Cempés concentrándose no acordeón e a zanfona e participando nas grabacións de "¡¡Opa iii!!" , "Capitán Re", de Os Cempés e colaboracións nos discos "Cantigas de Nadal", "Paisaxes", e o ultimo e mais complexo "Circo Montecuruto" editado en Novembro do 2000 no que colaboran moitos nomes da musica folc e tradicional de Galicia.

Polo seu traballo de composición recibe o 1ª premio de composición do Festival Cidade Vella de Compostela, e recibe o encargo da composición da peza obrigada para o concurso de Gaita Constantino Bellón, Bandas sonoras de videos sobre Musica Tradicional pruducidos pola Asociación Folclorica Berce, e colabora en traballos discograficos de artistas como Uxia, O Jarbanzo Negro, Linho do Cuco, e o grupo Chouteira.

Nese tempo perfecciona a técnica da Zanfona cos consellos do mestre de Zanfona da Universidad Popular de Vigo Anxo Pintos así como asistindo a cursos da Asociación Iberica da Zanfona impartidos polos mestres Gilles Sabenat, Rafa Martin, Anne Lisse Foy e Valentin Clastrier durante 1998, 1999, 2001, e 2002.

No ano 1999 é requerido Polo Concello de Lalin para formar parte no equipo de profesores do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín encargándose das aulas de Zanfona e grupo instrumental e combo.

No 2002 comenza a impartir a asignatura de zanfona na escola de musica municipal de A Coruña, e na escola de música de Narón.

No 2002 Participa na banda sonora do corto “As Muxicas” do realizador galego Carlos Alberto Alonso como ocmpositor e interprete da mesma e ca zanfona como principal instrumento.

Participa no XXI curso de cultura tradicional galega en lugo en abril do 2002 na sección de zanfona.

Recibe o 3º premio no concurso da 28 edición do festival de Saint Chartier (Francia), no apartado de solistas con dúas composicións para zanfona.

No verán do 2003 participa con dous temas de composición propia no C.D. “La Zanfona” editado por Tecnosaga, xunto aos mais prestixiosos zanfonistas do estado, Rafa Martín, German Diaz, Marc Egea, etc.