00/01
Relatorio de actividades do Conservatorio
Folque no curso 2000/2001
Relatorio de actividades
desenvolvidas desde o comezo do ano 2000
| - 14 de marzo de 2000.
OBRADOIRO DE PERCUSIÓN
DO NORTE PENINSULAR
Prof. Eliseo Parra (Percusionista
e cantante vallisoletano afincado en Madrid, recebeu o premio de
La Villa de Madrid ao mellor disco de word music polo seu album
Tribus Urbanas do ano 2000. Músico tamén durante muitos
anos de María del Mar Bonet).
N° de alunos/as: 25 percusionistas.
|
|
|
|
- 1 de xullo de 2000.
1° CONCERTO FIN DE CURSO DO
CONSERVATORIO FOLQUE DE LALÍN
Concerto presentación dos combos
de alunos e alunas do conservatório.
|
| - 22 e 23 de
xullo de 2000.
CURSOS DE MÚSICA TRADICIONAL
E FOLQUE DA FOLIADA DE LALÍN
Organización de cursos de instrumentación
de verán:
- Curso de expresión
corporal en escena. Prof. Lez Cameselle (Vigo)
- Introducción ao sound system.
Prof. Warger Pa (Brasil, Barcelona)
- Curso de sanfona. Prof. Germán
Díaz (Valladolid)
- Curso de acordeón diatónico.
Prof. Pedro Pascual
|
|
|
|
- 8 e 9 de decembro
de 2000.
CURSO DE CONSTRUCCIÓN DE
PALLETAS
2 días con obradoiro e todo
o material para que os alunos e as alunas aprenderan a construir
as suas propias palletas. Prof. Antón Corral (director da
Universidade Popular de Vigo e do Obradoiro de construcción
de gaitas e sanfonas).
|
| - 9 de decembro de
2000.
CHARLA COLOQUIO SOBRE A CONSTRUCCIÓN
DE GAITAS E SANFONAS
Prof. Antón Corral. Visualización
de diapositivos da construcción e da Universidade Popular
de Vigo.
|
|
|
|
- 16 de decembro de
2000.
SEMINARIO DE DESINIBICIÓN
CORPORAL
Prof. Mercé Pérez (bailarina
contemporánea formada entre Lisboa e Montpellier). Curso
para perder o medo escénico e a inibición das aulas
de música.
|
| - 20 de xaneiro de
2001.
CURSOS DE SÁBADO INTENSIVOS:
SANFONA E FRAUTA TRAVESEIRA DE MADEIRA
Prof. Jaime Muñoz e Carlos
Beceiro da Musgaña, Jesús Reolid (artesán).
|
|
|
|
- 10 de marzo de 2001.
CURSO DE INICIACIÓN AO
BAILE GALEGO
Impartido por Ana María de
Dios Paz (Padrón), do grupo de baile tradicional Xoldra.
|
| - 24 e 31 de marzo.
CURSO MONOGRÁFICO DE EXPRESIÓN
E VOZ
Prof. Cristina Domínguez Dapena,
fundadora e directora de Factoría Teatro, alén de
profesora de traballo vocal na escola de teatro e danza Espacio
Aberto de Compostela.
|
|
|
|
- 25 e 26 de maio.
CONGRESO
DE ANTROPOLOXÍA MUSICAL
No auditorio de Lalín. Ponencias
sobre o Texto e o Contexto musical, coa participación de
Marcial Gondar, Margarita Soto, Rosa M. Torres, Millán Picouto...
Exposición de tecidos tradicionais, conferencias, proxección
de vídeos, etc.
|
| - De
13 a 15 de Xullo de 2001.
CURSOS DE MÚSICA TRADICIONAL
E FOLQUE DA FOLIADA DE LALÍN
Organización
seguintes cursos:
- II Cursiño
de sanfona. Prof. Germán Díaz.
- I Cursiño de tambor e bombo tradicional.
Profs. Manolo Alonso e José María Gutiérrez
- II Cursiño de construcción de palletas.
Prof. Antón Corral.
- I Cursiño de Metodoloxía do traballo
de campo. Prof. José Luis Dopico.
- Cursos de baile tradicional. Impartidos por Carlos
Xosé Vidal e Chus Caramés.
- Curso de percusión. Impartido
por membros de Djanbutu Thiossane.
|
|
| - 7 de xullo.
MOSTRA DE MÚSICA TRADICIONAL
NA RÚA
No parque de Loriga, combos do alunado
do Conservatorio Folque de Lalín.
|
|
FOROS
E REPRESENTACIÓNS
DO CONSERVATORIO FOLQUE
- Representación por Luis
Areán, profesor de frauta e requinta na Semana de Música
Tradicional de 2000, organizada en Silleda pola As. Adellis. Ponencia:
a música tradicional nas bandas de música. Representación
por Ugia Pedreira, directora do Conservatorio e profesora de canto.
Ponencia: O canto tradicional galego: técnica e educación.
- Representación por
José
Luis Dopico, profesor do Conservatorio Folque, nos II Encontros de
música tradicional en Sillefa. Conferencia: Leis do Patrimonio versus
música tradicional.
- "LATIM EM PÓ" O Galego no mundo.
Xornadas lusófonas das artes. Ponencia de música: O ensino
da música popular. Xunto coa musicóloga lisboeta Rosa
María Torre. Organiza: Concello de Santiago e Universidade
de Santiago.
- Recebimento do musicólogo
e antropólogo arxentino Norberto Pablo Cirio. Intercambio
de material e presentación do profesor José do Pico,
que imparte aulas de teoría e método do folclore.
- Xurado na final do concurso folque organizado
por Radio Obradoiro. Auditorio de Galicia, Santiago. Representación
do Conservatorio: Oscar Fernández (Cempés, e prof
de sanfona), Ugia Pedreira (directora do Conservatorio Folque).
- No curso 01-02, Oscar Fdez (prof.
de sanfona) participou na Mesa redonda celebrada en Lugo sobre este
instrumento organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos o
dia 10 de decembro no Obradoiro de Instrumentos Populares da Deputación
de Lugo.
Tamén podes
ollar un relatorio das
ACTIVIDADES do CURSO
99/00
|