O
programa de estudios que se imparte segue un curriculo planificado
fomentando no alumnado non só unha superación
como instrumentista senón a aprensión duns valores
e coñecementos básicos para respeitar e comprender
a música de raiz por iso precisase unha formación
integral máis alá da propria instrumentación.
Ademais
de desenvolver unha técnica herdada enfatizase no desenvolvimento
da creatividade e das múltiples posibilidades de manifestación
dentro do folque: coñecemento de novas técnicas
musicais, artesanais, constante reelaboración da música
de raiz, afianzamento e interiorización do folclore galego,
novidades discográficas, estudio das teorias contemporaneas
do folclore, expresión escénica, visión
crítica... son conceptos e camiños vixentes no
proceso educativo do Conservatorio.
Ademais,
segundo a nosa experiencia e a demanda musical, consideramos
importante crear espacios onde @s músicos teñan
opción a cursos monográficos, foros de debate
e actividades durante todo o ano para acrecentar a súa
formación e, sobre todo, intercambiar coñecemento.