NOVOS MONOGRÁFICOS
Lalín 2003, Febreiro


Sábado 15. 11.00 - 14.00 h / 16.00 - 19.00 h

Cursiño de baile galego
Explicación e práctica de distintos pontos segundo nível. Imparte Chisco.

Obradoiro de acordeón diatónico
Repertorio, técnica e investigación do acordeón diatónico en Cataluña. Imparte Arthur Blasco.


Sábado 22. 11-14h / 16-19h

Cursiño de aproximación ao flamenco
Explicación,audición e práctica rítmica e harmónica dos distintos paus. Imparte Marcos Teira.
Podes ler unha entrevista co profesor nestas páxinas.

Seminario de harpa
Imparte Rodrigo Romaní.


O Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín
presenta neste novo ano os seguintes monográficos con as seguintes novidades:

Gracias á relación que manten o Conservatorio Folque coa Universidade Popular de Vigo (Conservatorio de Música Tradicional de Vigo) o centro lalinense completa un intercambio formativo que comezou en decembro cando Pedro Pascual (mestre de diatónico en Lalín) e a directora e profesora de canto Uxia Pedreira realizaron un cursiño da Universiade Popular.

En febreiro desplazarase ata Lalín o director do Conservatorio Tradicional de Vigo e coñecido músico galego Rodrigo Romaní (ex-membro de Milladoiro) para impartir un seminario de harpa, instrumento do que é profesor no conservatorio vigués.Tamén se acercará "Chisco" mestre de baile galego coñecido polo seu traballo de presentador da sección tradicional no programa Luar da TVG.

Desde este veran o Conservatorio Folque de Lalín uniu lazos co prestixioso centro catalán EL C.A.T adicado á música popular catalana e apoyado polo Centro de Promoció Cultural e Popular da Generalitat de Catalunya. Mostra delo é que o grupo Marful ó que pertencen Pedro Pascual e Uxía Pedreira participará no festival TRADICIONARIUS o dia 7 de febreiro ademais de acudir ó encontro de Acordeón diatónico que se realizará en Barcelona o dia 6 e onde Pascual plantexará a situación que vive este instrumento en Galicia.

Como intercambio o grupo catalán El Pont d`Arcalís liderado polo director del C.A.T Jordi Fábregas actuará o dia 14 de febreiro no Auditorio de Lalín. Ó dia 16 os acordeonistas galegos disfrutaran dun Obradoiro sobre o diatónico impartido polo investigador e músico Arthur Blasco. El Pont d`Arcalís está composto por músicos de primeira fila e principais abanderados do múndo da música folk catalana como Jordi Fábregas, Arthur Blasco ou o xoven sanfonista Marc Egea.

Tamén se contará cun cursiño requerido polo profesorado e alumnado do Conservatorio Folque de Lalín, un cursiño sobre aproximación ao flamenco para coñecer os paus ritmicos e harmónicos desta música de raíz. Impartirá o curso o guitarrista Marcos Teira, coñecido guitarrista flamenco que interpretou música galega xunto a Uxía Senlle, Rodrigo Romaní, Maite Dono e agora guitarrista de Marful e da Psicofónica de Conxo.


Proximamente...

Excursión musical
A Urueña (Valladolid) para visiar a Fundación Joaquín Díaz,
o Museo de Intrumentos Delgado e o Museo das Campás.


CURSOS MONOGRÁFICOS

Lalín 2002 / 2003

CONSERVATORIO DE MUSICA TRADICIONAL E FOLQUE DE LALIN - 2003