|
A TODAS AS ENTIDADES REPRESENTADAS
NA COMISIÓN PROMOTORA DA CANDIDATURA Á
UNESCO
A Asociación Cultural e Pedagóxica
PONTE...NAS ONDAS ! promotora da Candidatura diríxese
á súa entidade para manifestar:
-
Que esta Asociación
leva realizando, desde hai dous anos, actuacións
para a concretización e dinamización da
Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués
a Obra Mestra da Humanidade, dacordo co que a propia UNESCO
establece como procedemento para estas candidaturas.
-
Que desde hai dous anos,
a nosa asociación vén dinamizando e promovendo
unha rede de ESCOLAS PROMOTORAS galegas e portuguesas
desta candidatura. Pero isto nón é suficiente,
xa que é necesario que os diversos sectores da
sociedade galega e portuguesa se impliquen na reivindicación
deste patrimonio común e que públicamente
expresen a conformidade e o desexo de que a nosa cultura
común sexa presentada diante da UNESCO.
-
A nosa Asociación
vén realizando xestións ao máis alto
nivel, diante da Xunta de Galicia e do Ministerio de Cultura
de España e Portugal, facéndoos sabedores
da proximidade do prazo para entregar toda a documentación
na UNESCO (setembro de 2004) e tamén da necesidade
de apoiar (tanto cunha manifestación clara neste
sentido como con recursos humanos, técnicos, financieros
e loxísticos) os traballos preparatorios.
-
Á espera da resposta
activa por parte de ambas administracións, entendemos
que despois deste longo proceso de xestións e consultas,
á vista dos apoios recibidos e do interese xeralizado
suscitado pola proposta de Candidatura alí onde
foi presentada, chegou o momento de facer pública
a nosa proposta á sociedade galega e portuguesa.
-
Por este motivo convocamos
unha rolda de prensa para o vindeiro 23 de abril
no VERBUM - Casa das Palabras de Vigo, ás
12 hs. hora local, para divulgar esta iniciativa
a toda a sociedade e demandar públicamente tanto
da administración galega como da portuguesa a asunción
e presentación desta candidatura diante da UNESCO
para a proclamación do 2005.
-
Para que se visualice
este amplo apoio que a Candidatura suscita, sería
para nós unha honra que a máis alta representación
da súa entidade nos acompañe nesta rolda
de prensa á que están convocados os principais
medios de comunicación de Galicia e de Portugal.
-
Por todo o anterior,
é para nós un pracer convidalos a esta presentación
conxunta da Candidatura Galego-Portuguesa a Patrimonio
Inmaterial da UNESCO.
Para este fin, pregamos
que confirmen o nome, e a representación da persoa
que asistirá a esta rolda prensa. O Concello de
Vigo enviará convite para este acto. Confirmar:
pontenasondas@pontenasondas.org
|