Música e poesía en clave sónica


Þ A poesía é algo que debe soar ben ou a música é poesía sen palabras? Por que ao principio ían xuntas, despois se afastaron e volven recuncar de cando en vez? Quizais estas cuestión estean presentes en 'Clave Sónica, xornadas de intercambio entre música e poesía', que se van celebrar os días 19 e 20 de decembro no Auditorio de Galiza de Santiago. Organizadas pola Asociación de Escritores en Lingua Galega coa colaboración da Asociación de Músicos en Lingua Galega, AMELGA, as xornadas artellaranse arredor de tres obradoiros nos que traballarán músicos e poetas do panorama galego actual. Clave Sónica rematará cun Festival-Concerto ás 22:00 horas do sábado no Teatro Principal, onde os tres obradoiros mostrarán os resultados prácticos do encontro.

Nova extraída de Vieiros