|
'Ao
pé da letra' é un punto de encontro
de varios artistas e proxectos musicais galegos que queren
tomar a palabra. Procedentes de universos e premisas musicais
diferentes, todos comparten a vontade de dicir e de situar
a voz no centro das súas creacións musicais.
Tal vez iso é todo o que teñen en común,
e aínda así conforman unha curiosa tribo
que explora as alturas e profundidades da lingua galega
no territorio da música popular contemporánea.
O
café cantante de Marful, o rock intimista e experimental
de Narf, o pop de sabores tropicais de Xavier Díaz,
o rap suave e contundente de Safari Orchestra, a melodía
postradicional de Guadi Galego, o hip hop existencial
e irónico de Non Residentz ou o hip hop rabiosamente
social de Dios ke te crew, exploran novos camiños
de expresión musical na Galiza do século
XXI. Unha conxura de voces nun escenario común.
'Ao
pé da letra' plantéxase como un espectáculo
colectivo creado a partir do traballo e as propostas individuais
de cada artista. Un tema de presentación dalle
paso ás actuacións de cada artista, enlazadas
mediante un dj, que fai ás veces de mestre de cerimonias,
para remata cunha segunda versión do tema inicial
máis próxima do rexistro electrónico.
|