Produccións>VI encontro coa Zanfona Contemporánea

Concerto: "Zanfona e voz"

Zanfona 2010

Lugar: Café Concerto do Pazo da Cultura. Narón

Prezo: 5 €

NO VI ENCONTRO COA ZANFONA CONTEMPORÁNEA DE NARÓN

19 de marzo de 2010 20:30 h - 22:15 h

Duo Corps Vibrants, Projecto ['trepia] e Mini e Mero actuarán no concerto do VI Encontro coa Zanfona Contemporánea de Narón, tres propostas diferentes e interesantes para unha velada intensa.

Co subtítulo "Zanfona e Voz", aCentral Folque e o Concello de Narón presentan un concerto variado que amosan distintas aproximacións ao repertorio sobre este instrumento.

Os históricos Mini e Mero abrirán a noite, conservadores da tradición oral cegos que eles recolleron da man dos últimos supervivintes desta manifestación ancestral.

Tamén galegos pero cunha proposta actualizada da música tradicional, o Projecto ['trepia], fan un espectáculo multimedia misturando música ao vivo, samples electrónicos, gravacións de campo, proxeccións audiovisuais e danza.

 Duo Corps Vibrants veñen de Francia e son Isabelle Pignol (zanfona electroacústica e voz) e Maxime Bouchet (baixo e guitarra), expoñentes da vangarda musical gala cun repertorio de composicións propias nun exercicio de estilo actual e agresivo.