DUF'09

VI ENCONTRO INTERNACIONAL DE PANDEIROS DE MAO

Xa falta pouco para DUF'09 en Pontevedra

04/10/2009

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular e o Concello de Pontevedra, presentan a VI edición deste festival sobre pandeiros de mao (adufe, pandeireta, pandeiro, bendir, rij, duff,... ) entre os días 11 e 14 de novembro cunha oferta variada sobre este tipo de instrumentos. Este ano o país convidado é Brasil, cultura que recibiu o pandeiro dos colonizadores portugueses desde o século XVI e o adaptou ao seu xeito musical acadando grandes cotas de evolución.

Contaremos coa presenza de artistas coma Marcos Suzano, Carlos Núñez, Renato Spencer, Con canto Donaire, e actividades varias: Haima DUF, Fai o teu Pandeiro!, programación infantil, asociacións árabes e brasileiras, Serán Urbano,...

O festival terá lugar entre o 11 e o 14 de novembro en diferentes localizacións: praza do Teucro, Teatro Caixanova e Museo de Pontevedra.

Entre outros, contaremos con Carlos Núñez nun coloquio sobre as súas experiencias no Brasil, a Marcos Suzano en concerto, obradoiros para especialistas, a Haima DUF (espazo aberto e de información), actividades de interculturalidade e o xa clásico Serán Urbano.

Dáse continuidade a unha nova etapa iniciada na pasada edición na historia do festival: o equilibrio entre a oferta ao público especializado e o público xeral. A meirande parte da súa programación celebrarase nas rúas e prazas de Pontevedra con concertos, o Serán Urbano, feira de artesanía musical, punto de información cunha exposición temática, actividades infantís, animación de rúa,...

Unha oportunidade para a interación socio-cultural. Este ano terá protagonismo o BRASIL a través de asociacións que recrean música brasileira na Galiza, sen esquecer a comunidade árabe protagonista da pasada edición.

 

RESUMO DO PROGRAMA

 

mércores, 11 de novembro


20 h. Museo de Pontevedra.

"Alborada do Brasil" coloquio con Carlos Núñez

 

venres, 13 de novembro


16 h. Praza do Teucro

Apertura Haima DUF: Batuke brasileiro co Bloquinho da Salgueira, artesanía musical, actividades infantís, feira de artesanía musical, postos de asociacións de colectivos de inmigrantes árabes e brasileiros


21 h. Teatro Caixanova

Marcos Suzano e Alex Meirelles + Con Canto Donaire

 

sábado, 14 de novembro


10 h. Museo de Pontevedra

Master Class* con Marcos Suzano. Técnica de pandeiro brasileiro


10 h. Museo de Pontevedra

Fai o teu pandeiro!* con Carlos do Viso. Construcción dun adufe

*Actividades de pago e prazas limitadas.

 


12 h. Haima DUF

Ao encontro de... Renato Spencer. Concerto didáctico


17 h. Haima DUF

"Tan iguais, tan diferentes". Convivio con mulleres brasileiras, galegas e árabes.

 

18 h. Haima DUF

Exhibición de capoeira co grupo Arte Negra


20 h. Haima DUF

Serán Urbano

 

Máis información aquí.

 Pra inscrición dos cursos, mail a matricula@folque.com ou no +34 881 031 829

Ligazóns

icon


0 Comentarios

Deixe o seu:

Formulario de envio de comentarios



Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un B agora un f o seguinte e un n o seguinte e un u agora l