IV Noite de Fiadeiro

ORGANIZADO POLA ESCOLA DE BAILE E MÚSICA REBULIR

IV Noite de Fiadeiro

03/02/2010

O sábado 24 de abril terá lugar a IV Noite de Fiadeiro en Ramirás -Ourense, está aberto o prazo de inscricións pra os grupos que queiran tocar na data.

 
Todos aqueles grupos de música tradicional que esten interesados en tocar esa noite en Ramirás que contacten por medio de rebulir@hotmail.com, e nos envien os seguintes datos:

  • * Nome do grupo:
  • * Número de Compoñentes:
  • * Persoa de Contacto:
  • * Lugar de procedencia:
  • * Teléfono:
  • * Correo Electrónico:

 

Algunhas das novidades deste ano, encargado da realización do cartaz desta edición será o coñecido pintor vianés Angel M. Rodríguez, máis coñecido como Piquico, tamén procuraremos ampliar  as actividades a toda a xornada con novidades como será o Campionato de Futbol Chapas ou a Animación de rúas.

 

Para máis información podedes consultar o noso blog, www.rebulir.blogspot.com ou ben no teléfono 639 90 80 05. Iremos avanzando máis detalles segundo se achegue a data.

Ligazóns

icon


0 Comentarios

Deixe o seu:

Formulario de envio de comentarios



Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un F despois pon a  Y agora W agora 5 o seguinte e un C