Así fan os bailadores

DENTRO DOS MONOGRÁFICOS 2010 DE aCENTRAL FOLQUE

Curso monográfico sobre baile galego

09/02/2010

"Repertorio, recursos e didáctica do baile galego" é un curso práctico orientado a docentes para adquirir novas ferramentas pedagóxicas e para interesados que queiran ter unha idea xeral do baile galego e coñecer os fundamentos de aprendizaxe. Impartido por Xabier Iglesias e Juan Parga os vindeiros 12 e 13 de marzo e un prezo de 60 € e 8 horas lectivas.



O obxectivo deste curso é dotar de repertorio, recursos e material didáctico a monitores e mestres que queiran introducir os seus alumnos no baile tradicional galego, ademais de servir de iniciación a calquera persoa interesada neste eido.


Traballarase con material extraído do folclore, formado por xogos, danzas, bailes soltos e agarrados, para así ter unha visión global do baile galego; o importante rol que xoga o baile en aspectos como a socialización, a motricidade e coordinación, a interiorización do ritmo e a música, sendo unha arte de práctica recomendada en distintos ámbitos educativos.







A orde será a habitual para unha clase de iniciación:


  1. - BAILES-XOGO
  2. - DANZAS
  3. - BAILES SOLTOS
  4. - BAILES AGARRADOS



Prezo: 60 €

Horario:

  • venres 12 marzo de 17 -20 h
  •  sábado 13 de marzo de 11 -14 h e 16 -18 h

Inscrición:

mail a info@folque.com ou no tlf. +34 881 031 829

Ligazóns

icon


8 Comentarios

curiosa comentou en 09/02/2010 12:44

para que nivel é este curso?

Folque comentou en 09/02/2010 12:47

é un curso para todos os niveis:

- Para o mestre porque aprenderá cousas novas que ensinar nas súas aulas.

- Para o bailarín experimentado porque coñecerá bases pedagóxicas pra profundizar no baile

- Para quen quere empezar porque terá unha visión xeral do que é o baile galego.

Miguel comentou en 09/02/2010 15:12

Que duración ten o curso? Cal sería o horario?

Folque comentou en 09/02/2010 15:25

Ola Miguel,
o curso ten unha duración total de 8 h

os horarios
* venres 12 marzo de 17 -20 h
* sábado 13 de marzo de 11 -14 h e 16 -18 h

Miguel comentou en 09/02/2010 16:59

E cando comeza e remata o prazo de matrícula?

Folque comentou en 10/02/2010 10:52

o prazo está aberto e remata cando as prazas estean ocupadas

ANA comentou en 24/02/2010 17:26

DONDE SE CELEBRA O CURSO?

Folque comentou en 24/02/2010 18:31

No espazo de ensaio da compañía Berrobambán na Avenida de Lugo -preto da estación de tren.

Deixe o seu:

Formulario de envio de comentarios



Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un e a continuacion un 9 despois F o seguinte e un E despois pon a  W agora U despois h