Zanfona 2010

ACTO PROMOCIONAL DO VI ENCONTRO NO CENTRO COMERCIAL

A zanfona volveu á feira

08/03/2010

Os Centros Comerciais, reminiscencia posmoderna das feiras de toda a vida, eses templos contemporáneos do consumo onde ademais de mercar e vender, socialízanse todas as persoas que alí van, pasean e gastan o seu tempo.

Este sábado á tarde a Aula de Zanfona da Escola de Música de Narón, amenizou con pezas tradicionais que Óscar Fernández ensina semanalmente ao seu alumnado. Curiosos, espontáneos, familias, estrañados,... desfrutaron durante unha hora ao son da zanfona para promocionar o VI Encontro coa Zanfona Contemporánea de Narón que terá lugar entre o 18 e o 21 de marzo.

Se queres ver máis fotos do acto, preme aquí .

Ligazóns

icon


0 Comentarios

Deixe o seu:

Formulario de envio de comentarios



Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un 5 a continuacion un V o seguinte e un t agora un m agora un 3