DOS AUTORES EDITH COTILLA E GUSTAVO COUTO
Bailabén é un libro multimedia que pretende achegar material didáctico aos profesores de primaria e secundaria, así como a todos os afeccionados e ensinantes do baile tradicional. Na publicación, que vai acompañada dun DVD, atopará explicacións detalladas, secuencias de fotografías nas que ver os movementos con detalle e un vídeo de máis dunha hora de duración no que se poden atopar todos os pasos e bailes básicos. Os seus autores, Edith Cotilla e Gustavo Couto, son profesores de baile no obradoiro Ultreia de Santiago de Compostela.
1 Comentarios
Oscarfono comentou en 24/03/2010 12:29
De verdade que o pasamos ben!!
hai que ir pensando en facer dous ao ano. Pensámolo?
Deixe o seu: