Noticias

Comeza a gravación das Miniaturas de Granell
01/10/2012

ACENTRAL FOLQUE RECREA A MÚSICA DE GRANELL

Comeza a gravación das Miniaturas de Granell

Eugenio Granell artista galego e universal coñecido pola súa obra plástica e surrealista...era músico! “Miniaturas de Eugenio Granell: música revelada” é o título dun proxecto que pechará o ano no que se conmemora o nacemento do xenial autor. Aproveitando esta efeméride, aCentral Folque , Centro Galego de Música Popular, en parcería coa Fundación Granell, e co financiamento da Fundación Cidade da Cultura e a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, sacará á luz os apuntamentos que Eugenio Granell deixou anotado no seu caderno de partituras.

Leverelem...a promo
25/09/2012

FESTIVAL DAS ARTES DA FALA

Leverelem...a promo

Leverelem, o vídeo promo do festival das artes da fala xa está dispoñível para ver na FolqueTV, só tes que seguir esta ligazón  para saber do que falamos.

25/09/2012

Ensino Aberto da UNED

Curso a distancia de Etnomusicoloxía

Está disponível a información do curso de Ensino Aberto que, como outros anos, organiza o Departamento de Filosofía da UNED. É un curso a distancia de etnomusicología con dúas sesións presenciais de asistencia voluntaria. Danse 6 créditos de formación, pero de Ensino Aberto. Ao programa de Ensino aberto pódese acceder desde este vínculo. Este é o folleto de información do curso, que se pode descargar en pdf.

Ulobit nos Espazos Sonoros
25/09/2012

AUDICIÓNS VISUAIS NO MAR DO NORTE

Ulobit nos Espazos Sonoros

Ulobit é un trío formado por membros de dous dos proxectos máis interesantes de antropoloxía musical e sonora do país (Escoitar.org e aCentral Folque ) e ofrecerán o seu próximo concerto dentro do festival Espazos Sonoros  no Museo Massó de Bueu este sábado 29 de setembro

. Antes do concerto farase unha introdución con comentarios do director sobre a película e a proxección dunha escolma de secuencias desta, ademais de explicacións dos músicos sobre o seu método de traballo: a electroacústica, a electrónica e o vídeo. A entrada é de balde até completar aforo.

Caxade | Dança dos Moscas
24/09/2012

ALONSO CAXADE EM SOLITÁRIO

Caxade | Dança dos Moscas

"Dança dos Moscas" é a peça com a que o músico galego Alonso Caxade (acordeonista de PELdeNOZ, Cuarteto Caramuxo ou cabRaret, e bombardinista na Orquestra Os Modernos) inícia un novo projecto pessoal chamado "Caxade". A criaçom e gravaçom do som e da imagem foi feita polo próprio autor, e publicada nas redes sociais o 12 de setembro 2012. Nas próximas semanas, dúas novas peças "Gente Pota" e "Sr. Xorda" darám continuidade ao debute de "Caxade". "Dança dos Moscas" pode-se ver em: https://vimeo.com/49254915. Podes ver uma entrevista

21/09/2012

FILOSOFÍA PARA O NOVO CURSO DA ELMPG

A alma non entende de sexos

Escola Livre da MPG (aCentral Folque) abre matrícula para as músicas e os músicos.

Non hai nada dentro da musa música neste caso popular que non poida facer un músico home e que non poida facer unha música muller, como dous sápiens que son. A música alimenta a alma e esta non entende de sexos. ....