Escola Livre da MPG
A
Escola Livre da MPG é o centro de estudos regulares que
aCentral Folque ten en Santiago de Compostela cunha oferta variada e especializada en diferentes eidos do patrimonio musical galego, fundamentalmente instrumentais:
gaita,
percusión,
sanfona,
requinta,
violino,
acordeón diatónico,
regueifa e
teoría da música e arranxos folque.
A posibilidade que esta escola brinda ao seu alumnado é formarse con mestres de recoñecida solvencia, músicos profesionais, e adquirir os coñecementos fundamentais para desenvolver as súas capacidades e aptitudes.
Esta capacitación instrumental permitiralle optar, se o desexa, aos circuítos profesionais.
aCentral Folque serviralle nese camiño de plataforma, ofreceralle asesoramento, funcionará como punto de encontro, etc.
Neste sentido,
aCentral Folque quere promover a convivencia entre as diferentes propostas elaboradas polo alumnado, tentando ser un verdadeiro laboratorio de formas musicais patrimoniais galegas.
Onde está
O ensino da
Escola Livre da MPG en Compostela está repartida en diferentes espazos da cidade achegando a distintos lugares as posibilidades de aprendizaxe cos seus mestres.
As oficinas de
aCentral Folque atópanse no barrio de Vista Alegre, na zona norte da cidade e centralizan toda a actividade organizativa da
Escola Livre da MPG.
Rúa Salvadas 22, Parque de Vista Alegre,
15705 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 881 031 829
patrocinadores