16/02/12

aCF no Encontro de Economía-Cultura

aCentral Folque fará unha ponencia explicando o proxecto de...

nova

EVENTO LOVE MONDAYS

02/02/12

Os dereitos de autor na contorna dixital

O próximo mes de febreiro, o evento "Love Mondays" do colectivo Lo Creas o no recupera un asunto que ocupa un espazo permanente na axenda dos creadores e profesionais do mundo do deseño: os dereitos de autor na contorna dixital. Zoila Gulín, avogada especializada en Dereito de Autor, Propiedade Industrial e xestión da creatividade, estreita colaborada de aCentral Folque entrará a fondo na materia desde unha perspectiva diferente, a do pequeno emprendedor que necesita coñecer as claves para desenvolver boas prácticas no seu traballo diario. Será o próximo xoves 16 de Febreiro en Central de Deseño / DIMAD Matadero (Madrid) ás 19:30. Xa sabes: entrada libre; pásache, aprende, coñece xente e tómache algo.

nova

MARFUL EN ESPAZOS SENLLEIROS

01/02/12

A Xira Surreal comeza en Carboeiro

O Mosteiro de Carboeiro (Concello de Silleda) é o primeiro espazo escollido por Marful para a súa xira de inverno 2012, a Xira Surreal, lugares da patafísica pouco frecuentados, intimidade e proximidade para un cuarteto exquisito. Para comezar no día 2 febreiro, data sinalada no calendario, día de Santa Candela (ou Candelaria) no santoral católico tamén de Jemanja de Bahía ou deusa do Mar no Uruguai... 

nova

XIRA COA BANDA AO COMPLETO

27/01/12

Ana Alcaide en Galicia

A artista, coñecida por ser unha das poucas tocadoras de nickelharpa do Estado, Ana Alcaide, visitará Galicia en febreiro dentro da súa xira de presentación do seu novo disco 'La cantiga del Fuego', unha creación nova inspirada na antiga tradición sefardí e o terceiro disco desta toledana que vén cunha banda de dez músicos multiétnica de diferentes países de Asia, Europa e América.

nova

INAUGURACIÓN COA MÚSICA AO VIVO

27/01/12

Plástica e música

A galería de arte METRO de Santiago (Rúa Nova) presenta "Haciendo el amor en un coche bomba", a primeira exposición individual na cidade de Suso Basterrechea, quen representará a esta galería na próxima edición de ART MADRID que se celebrará do 16 ao 19 de febreiro no Pavillón de Cristal da Casa de Campo de Madrid. A inauguración acontecerá este 27 de xaneiro ás 20 h na propioa galería METRO e contará coa acordeonista Lolita Delmonteil.

máis novas

nova

VISITA DO MÚSICO AO PROXECTO

02/02/12

Pancho Álvarez no Proxecto Florencio

Pancho Álvarez, multiinstrumentista e carismático músico visitará aos participantes no proxecto Florencio para falarlles sobre a música do violinista da Fonsagrada. Pancho Álvarez publicou o seu primeiro disco en solitario no 1998 baixo "Florencio, o cego dos Vilares" unha homenaxe a este singular personaxe, o último dos xoglares, no que recollía parte do seu repertorio popular, instrumental e cantado e traía ás audiencias novas do folk na altura a súa importancia e transcendencia na música popular.

nova

ÚLTIMOS ENSAIOS PARA A GRAVACIÓN

31/01/12

Os Cempés e a ELMPG ultiman o disco

Os Cempés atópanse xa no estudio para o que será o seu novo disco que sairá na primavera. Esta fin de semana tivo lugar un ensaio xeral con case todos os músicos que tomarán parte nel. Alumnado da Escola Livre da MPG e outros amigos probaron nunha ensemble conxuntada, atrevida, fresca, con forza e xuventude o que serán algúns dos temas tan senlleiros no cancioneiro popular da Ferrolterra coma a Rabieira ou o pasodoble Lugo-Ferrol (composteo por Gregorio Baudot). Os ensaios aconteceron no novo estudo de Tomás Ageitos, unha casa de pedra rehabilitada en perfectas e cómodas condicións para grandes formacións.

nova

OBITUARIO DUN GRANDE ARTESÁN

27/01/12

Finou Xosé Seivane

"Esta mañá faleceu o patriarca da familia Seivane, Xosé Manuel Seivane Rivas, aos 90 anos de idade. Xosé Manuel Seivane, nacido en Fonmiñá, A Pastoriza, en 1921, foi o creador do selo Seivane e o iniciador dunha das sagas de artesáns e artistas máis recoñecidas dentro do mundo da gaita". Este é o comunicado público da familia de estirpe gaiteira en Cambre. Fina así un dos meirandes baluartes na evolución moderna da gaita nun obradoiro famoso no mundo enteiro e de grande calidade artesá. O seu corpo xace no tanatorio Eiroa en Culleredo.

nova

Presenzas musicais íntimas e exclusivas en lugares únicos

26/01/12

Comeza a Xira Surreal

Marful comeza 2012 cunha xira por espazos singulares, experiencias musicais de perto e con valor engadido. A primeira parada será no Mosteiro de Carboeiro o vindeiro xoves 2 de febreiro ás 20:30 h. Porque non hai máis crise cá das ideas e o mundo é dos “valentes, que ensinan os dentes”, Marful arrinca este 2012 cunha xira chea de beleza e cariño. Un percorrido polos lugares máis paradisíacos da xeografía galega. Unha proposta de achegamento ao público do país porque “Sempre hai público para unha boa música. Sempre hai corazón para un bo sentimento”. Serán recitais con aforo limitado. Reserva en www.turismosilleda.es