Cursos Monográficos 2009/2010
Os monográficos de
aCentral Folque son cursos especializados en diferentes áreas da práctica musical, impartidos por profesionais en activo que ofrecen unha formación específica para todos os interesados en interpretación instrumental, canto, danza, pedagoxía, escena,... Ademais este ano, prográmanse
Master Class, aulas maxistrais con mestres internacionais no seu ámbito
Os cursos, destinados a profesionais da música, así como a iniciados de calquera nivel, se celebrarán en diferentes lugares de Santiago de Compostela, entre febreiro e xuño de 2009.
As prazas son limitadas e se outorgarán por orde de preinscrición.
Podes escribir un mail ao enderezo info

folque.com, ou se precisas máis información, solicítaa chamando ao teléfono +34 881 031 829.
Contaremos de novo coa presenza de
Artur Fernándes e
Carlos Quintá para acordeón diatónico (nivel avanzado e nivel iniciación),
Fred Martins sobre a música brasileira,
Alejandro Vargas con piano de Cuba,
Pancho Álvarez con corda pulsada,
Xico de Carinho á harmónica, adufe con
Luis Prego, didáctica do baile galego con
Xabier Iglesias e Juan Parga, pedagoxía Kodály e Cinetografía con
Sergio de la Ossa.
Lugar: CSC Castiñeiriño. Santiago de Compostela
Data: domingo 30 de maio
Curso práctico en instrumentos de corda pulsada coma son o cavaquinho e o bandolim, presentes na música popular do país luso. Orientado a quen se queira iniciar e coñecer estes instrumentos ou quen queira perfeccionar a técnica. Imparte:
Luis Peixoto
Lugar: CSC Castiñeriño. Compostela
Data: domingo 25 abril, sempre!
Curso práctico intensivo coa canadiana
Tobie Miller, unha das mellores intérpretes do mundo sobre repertorio da extensa produción conservada para este instrumento no século XVIII, fundamentalmente na corte francesa.
Lugar: Santiago de Compostela
Data: xoves 22 maio
Master Class temática sobre o "Pìobaireachd", xénero propio das Terras Altas, considerado como a música "culta" escocesa para cornamusa e que desde o s.XVII foi conservado por tradición oral e do que
Patrick Molard está considerado coma un dos mellores intérpretes no xénero e sobre o que acaba de editar un CD. Haberá un pequeno concerto final exclusivo para os asistentes.
Lugar: Santiago de Compostela
Data: 11, 18 e 25 de febreiro e 4 de marzo
Interpretación de ritmos e melodías galegas con instrumentos de corda pulsada: guitarra, bouzouki, mandolina,... Sinxelas muiñeiras, foliadas, polcas, pasodobles, etc. que faciliten a asimilación do contido a tratar. Impartido por
Pancho Álvarez
Lugar: Berrobambán. Compostela
Data: 12 e 13 de marzal
"Repertorio, recursos e didáctica do baile galego". Curso práctico formado por xogos, danzas, bailes soltos e agarrados. Orientado a docentes e interesados no baile. Impartido por
Xabier Iglesias e Juan Parga quenes acaban de publicar o libro didáctico "Así fan os bailadores"
Lugar: CS Fontiñas. Santiago
Data: 6, 13, 20 e 27 de marzal
Este curso versa sobre o pandeiro cadrado e o canto que o acompaña, coa intención de ofrecer unha perspectiva global sobre as súas características. O contido abranguerá os seus usos tanto na Galiza, Asturies e norte de Portugal. Impartido por
Luis Prego
Lugar: Local social da Gentalha do Pichel
Data: Xaneiro, febreiro e marzo
Curso para principiantes no acordeón diatónico: organoloxía, mecánica, mantemento, melodías básicas, ritmos típicos, acompañamento ao canto,...en aulas undividuais. Impartido por
Carlos Quintá
Lugar: Centro socio cultural do Castiñeiriño. Compostela
Data: sábado 23 xaneiro
Trátase de un curso avanzado do instrumento, dirixido a intérpretes con coñecementos previos de acordeón diatónico impartido polo mestre portugués da concertina:
Artur Fernandes
Lugar: Facultade de Ciencias da Información da USC
Data: 2, 3, 4 decembro
Sambas e outras bossas: Identidade e utopía na musicalidade do Rio de Janeiro.
Aula maxistral sobre a formación do cancioneiro popular brasileiro e as súas características xerais. O contexto cultural do Rio de Janeiro e súa importancia para o nacemento do choro, samba e bossa nova, símbolos da musicalidade do Brasil.