folque.com e se che enviará contrarrembolso.

ATravés Editora 2010
Resumo: "Quem busque um poemário encontrará se calhar um livro de canções. Se buscas canções tal vez te surpreendas lendo um poemário ou um manual de baile. Noente Paradaise é um híbrido. Ugia Pedreira atirou ao público, desde antes dos remotos tempos de Chouteira, voz e olhadas, mesmo sinais. Agora atira-se ela sem mediação. Resgata as retóricas que arrouparam músicas eclécticas, marfulianas, nordestinas ou matraqueiras e acrescenta-lhes cantigas ainda não musicadas (leia-se poemas à percura de melodias). Ugia despe a palavra e partilha-se sobre o papel e detrás da câmara. Convida ao seu público e ao que não é seu nem público, a quem queira abrir os olhos e deixar-se invadir." Por Martázul Busto
Prezo: 20 euros
comprar
DosAcordes 2010
Resumo: edición crítica do primeiro e até agora inédito cancioneiro de música popular galega, "Ayes de mi país", compilación feita por Marcial de Valladares a mediados do século XIX e que nunca foran publicadas na súa totalidade. Exhaustivo traballo feito polos investigadores José Luis do Pico Orjais e Isabel Rei Sanmartin nunha análise histórica, documental e musicolóxica.
Prezo: 30 euros

Editorial: Sotelo Blanco. 2009
Resumo: Investigación sobre a vida musical que dos galegos tiveron en Cuba desde a emigración masiva do século XIX. Un exhaustivo traballo organizado en dúas seccións: a presencia da comunidade galega na illa e a súa estructuración social e a música dos galegos en Cuba así como a súa hibridación coas tradicións locais..
Prezo: 20 euros

Editorial: Difusora de letras, artes e ideas. 2005
Resumo: Estudo e edición crítica de José Luis do Pico Orjais, sobre o coñecido coma "Cancioneiro de Inzenga" con transcrición literal das notas orixinais.
Prezo: 35 euros

Editorial: Autoedición. 2009
Resumo: Investigación exhaustiva en 260 páxinas sobre o contexto no que este instrumento chegou a España, exposición cronolóxica e fotografías documentais. Un libro que calquera interesado o acordeón debería ter.
Prezo: 22 euros

Editorial: Difusora. 2004
Resumo: Análise sobre o uso do galego e castellano no romanceiro da Galiza nun discurso en crise coas bases inques- tináveis até agora que considera a diferenza lingüística na tradición oral do rural galego. Este libro convida a coñecer a importancia do saber popular, un repertorio de fenómenos no galego actual e unha mostra completa das interferencias co castellano.
Prezo: 15 euros

Editorial: Escola provincial de gaitas da Dep. de Ourense. 2007
Inclúe 4 CDs
Resumo: Contexto, compilación, gravacións de campo e transcrición de cantares da comarca de Riós (Ourense).
Prezo: 40 euros

Editorial: Difusora. 2004
Resumo: Radiografía e recoñecento da música e dos seus tocadores nesta comarca ourensá froito da investigación coordinada por Cástor Castro con fotografías actuais dos portadores da tradición musical rural.
Prezo: 12 euros

Editorial: Modal. 2005
Incúe DVD. (Idioma: francés)
Resumo: Valentin Clastrier, maestro e pai da zanfona contemporánea, escribe o seu esperado método para o instrumento con técnica instrumental, digramas, partituras que desenvolveu ao longo da súa carreira.
Prezo: 40 euros

Editorial: Concello de Betanzos. 2006
Resumo: Murgas, orquestras, charangas e bandas para o baile nas festas das MariñasInvestigación sobre a vida musical que dos galegos tiveron en Cuba desde a emigración masiva do século XIX. Un exhaustivo traballo organizado en dúas seccións: a presencia da comunidade galega na illa e a súa estructuración social e a música dos galegos en Cuba así como a súa hibridación coas tradicións locais.
Prezo: 15 euros

Editorial: Toxosoutos. 2000
Resumo: É un ensaio que fala sobre o que significa un instrumento como a gaita para algunhas culturas, especialmente a galega. Na obra mestúrase un chisco de socioloxía, historia, antropoloxia e arte para conformar un panorama que saliente o poder dun instrumento que, en tempos, foi cualificado como "do diaño". Tamén se recollen as opinións de gaiteir@s sobre o que representa para eles tocar a gaita.
Prezo: 12 euros

Editorial: Ouvirmos
Formato: Libro CD
Tamaño libro: 25 x 18 cms.
Inclúe 2 CDs
Resumo: A Fotobiografía Sonora de Celso Emilio Ferreiro nos aproxima a unha das voces líricas máis importantes da nosa literatura, que alimentou coa súa palabra varias xeracións de músicos e poetas. Isabel Ferreiro Loredo introduce a selección fotográfica de Carlos Díaz comentada por Ramón Nicolás. Máis dun cento de fotografías, coas que se achega un poema e un breve estudo por década, introdúcennos no universo literario e persoal de Celso Emilio Ferreiro.
Rexistros Sonoros: a literatura para escoitar.
Acompañan esta selección fotográfica dous CDs