Matrícula
O prazo de inscrición para o curso 2010/2011 abrirase o vindeiro LUNS 13 de SETEMBRO.
A información que se describe a continuación é orientativa e os dados están referidos ao curso 2009/2010. A información relativa ao 2010/2011 estará en breve actuliazada neste mesmo espazo.
Para iniciar o proceso de matriculación en
aCentral Folque é preciso facer chegar o formulario de prematrícula ao Centro. O impreso pode enviarse ao enderezo electrónico matricula

folque.com, ou entregarse persoalmente nas oficinas administrativas de
aCentral Folque, sempre durante as datas nas que o proceso estea aberto.
A continuación os candidatos e candidatas deberán realizar unha proba de aptitude co profesor para determinar o nivel de ingreso. Os resultados desta proba serán comunicados aos e ás aspirantes mediante correo electrónico. O alumnado que resulte seleccionado poderá finalmente formalizar a matrícula no prazo indicado. Desgraciadamente temos limitación de espazo e tempo polo que o número de prazas é limitado.
Para completar o proceso de matrícula en
aCentral Folque é preciso abonar os custos, por cada materia e os gastos do seguro escolar. Lembra que para poder seguir os cursos cómpre dispoñer de instrumento propio -agás para o 1º curso de percusión que cun parche de prácticas e baquetas é dabondo.
PREZOS DAS MATERIAS NO 2009/10:*
200 € (prezo total) ou 60 € cada módulo
aulas por módulos (dun mes por cada mestre) en novembro, febreiro, marzo e abril
200 €
200 €
240 €
200 €
200 €
200 €
60 € (prezo total)
aulas no mes de marzal
- Introdución á teoría da música e aos arranxos folque
100 € (total)
aulas no meses de febreiro e marzal
*O calendario escolar abrangue os meses de outubro a xuño agás nas excepcións indicadas. E as aulas son unha vez por semana
*Os prezos son por cuatrimestre (agás nas excepcións indicadas). O curso total son dous cuatrimestres (dous pagamentos)
Podes solicitar máis información no enderezo electrónico matricula

folque.com ou ben no teléfono +34 881 031 829. Tamén podes contactar utilizando o formulario que che presentamos a continuación.
* O prazo de preinscrición estará aberto do 6 ao 19 de outubro
Despois deste día, a matrícula só queda aberta naquelas materias nas que queden prazas libres e suxeitas á dispoñibilidade de horario. Consulte nas oficinas de aCF
FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN:
Os datos recibidos serán empregados unicamente para os fins relacionados con aCentral Folque e en todo momento respectarase o que sinala a Lei de Protección de Datos -Lei Orgánica 15/1999, do 13/XII, de Protección de Datos de Carácter Persoal e Real Decreto 994/1999, do 11/VI, polo que se aproba o Regulamento de Medidas de Seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal-.