Novo concerto
Esta vez en Asturies:
- Venres 23 de Maio en Langreo, Asturies.
Lembrámosvos tamén as datas que xa tíñamos:
O sábado 17 de Maio na Sala Capitol, Santiago de Compostela.
O 18 de Xullo iremos a O Grove, na provincia de Pontevedra.
O 24 de Xullo levaremos o noso Salón de Baile a Sines, Portugal, ao Festival de Músicas do Mundo.
Concerto en Maio
O sábado 17 de Maio actuaremos en Santiago de Compostela, na Sala Capitol, sobre ás 21:00 horas dentro dunha gala de “El Correo Gallego”.
Novas entradas na sección de prensa
Hoxe subimos unha entrevista que nos fixeron na revista World Music, podedela encontrar na sección “Reseñas prensa”.
Algunhas datas de concertos
O 17 de Xuño estaremos en Ferrol, no Teatro Jofre, participando no Ciclo de Músicas Portuarias.
O 18 de Xullo iremos a O Grove, na provincia de Pontevedra.
O 24 de Xullo levaremos o noso Salón de Baile a Sines, Portugal, ao Festival de Músicas do Mundo.
Colaboración de luxo en Cuba
Deixámosvos unha foto aquí dun dos nosos concertos na Feira Internacional do Libro en La Habana. Contamos neste concerto coa colaboración caribeña de Raciel Jiménez na batería e José Manuel Díaz no contrabaixo. Foi un inmenso pracer compartir a nosa música cuns músicos tan incribles.

Foto: Nacho Vázquez (extraída da páxina da Consellaría de Cultura e Deporte)
Marful en Cuba
O diaro A Nosa Terra publica hoxe na súa edición dixital unha reportaxe sobre a participación galega na Feira do Libro de La Habana.
Nesa reportaxe podemos ver un video con unha entrevista a Ugia Pedreira. Estas son as ligazóns onde podedes velo:
- No propio xornal
- Na páxina do clube de fans
- Na páxina do youtube
Outro artigo
Informámosvos de que acabamos de subir ao noso apartado “Reseñas prensa” un artigo aparecido na revista virtual tierrafolk.com. É unha crónica do concerto no Festival Interparla asinada por Carlos Javier Monje Pindado.
Subimos tamén un artigo de Alfredo Conde en El Correo Gallego
Concertos nas próximas datas.
17 de Febreiro en La Casona, La Habana, ás 20:00 horas. Dentro da Feira do Libro de La Habana.
21 de Febreiro en La Cabaña, Pl de San Francisco, La Habana, ás 18:15 horas. Tamén dentro da Feira do Libro de La Habana.
1 de Marzo colaboración nun proxecto galego no Porto.
27 de Xuño en Ferrol, no Teatro Jofre, às 21:00 horas.
23 de Xullo en Sines, Portugal, ás 22:00 horas.
Actualización de datas e datos.
Nesta nosa primeira actualización do ano, aproveitamos para desexarvos un bó 2008.
Tamén vos deixamos as datas dos próximos concertos e outras citas con medios. Estamos pendentes de confirmar algunha outra data das que vos informarevos en breve.
- 17 de Xaneiro, na gala “Noite dos Autores” no Hostal dos Reis Católicos.
- 19 de Xaneiro, actuación no Teatro Jaime Colom de Parla, Madrid, ás 21:00 horas. Dentro do Festival Interparla.
- 21 de Xaneiro, gravación dun concerto para Radio 3 e entrevista en directo con José Miguel López no programa Discópolis. Este programa emítese entre as 14:00 e as 15:00 horas.
- 13 a 24 de Febreiro, estaremos en Cuba na Feira do Libro de La Habana.
Novidades na prensa.
Lembrade que no noso apartado de “Reseñas prensa” imos actualizando con aquilo que vai saíndo nos xornais.
Xa vos deixamos a última reportaxe que nos fixo Teresa Cuíñas para El País. Esperamos que vos guste.