Rede de Músicas Soltas. Redondela 2014

RMSRedondela14

Lugar: Auditorio da Xunqueira. Redondela

Prezo: 4 €

A Rede de Música Soltas de Redondela son concertos de presentación dos proxectos en activo da música popular feita en Galicia por músicos galegos. Así temos os novos discos de Caxade, Fran Pérez "Narf" e Radio Cos, actuacións especiais coma a de Kepa Junquera con Xabier Díaz, a inminente estrea de Jazzología ou as cancións inéditas en "Acrobata" de Fred Martins e Ugia Pedreira. Pequenos formatos para o acolledor espazo do Auditorio da Xunqueira, no corazón gañado ao mar da vila da ría de Vigo.

Non todo o que cae na rede é peixe, e nesta rede só cae música de autora, de autor, de raíz, música popular traballada, de todos os POPs, de todos os pobos, música viva, que respire, que se mova, que nos faga vivir e movernos… A Rede de Músicas Soltas trae peixe fresco de tempada de primavera e outono, aires cálidos en tempadas de mudanza estacional.

A RMS é un ciclo de concertos promovido polo Concello de Redondela e organizado por aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, para músicas en pequeno formato ao redor da música popular e os seus universos.

Os concertos son nun sábado ao mes ás 21 h no Auditorio do Multiusos de Redondela (AMIC).

A venda de entradas realizarase na porta do Auditorio 30 min. antes de cada concerto a 4 €.

Resumo PROGRAMA
  • Acrobata: Ugia Pedreira & Fred MArtins, 11 de xaneiro
  • Radio Cos: concerto conversado, 15 de febreiro
  • Caxade, 15 de marzo,
  • Jazzologias, 12 de abril
  • Narf: nas tardes escuras, 17 de maio,
  • Kepa Junquera + Xabier Díaz: Galiza, 14 xuño

-

Programa

sábado, 11 de xaneiro

Hora: 21:00

sábado, 15 de febreiro

Hora: 21:00

sábado, 15 de marzo

Hora: 21:00

sábado, 12 de abril

Hora: 21:00

sábado, 17 de maio

Hora: 21:00

sábado, 14 de xuño

Hora: 21:00

Documentos

icon

patrocinadores

Concello de Redondela