Presentación de títulos en Lalín

Data: Xoves, 13 de novembro – 20:30 h
Lugar: Círculo de Recreo Lalín – Casino de Lalín, Lalín

aCentral Folque presenta en Lalín dúas novas publicacións dentro do seu catálogo
editorial 2025:

  • arte menor, de Susana Arins
  • Tocadoras do Val do Dubra, de Carlos Rey, David Fontán e Lucía Santiago, con transcricións musicais de Benxamín Otero.

O acto contará coa participación de Celso F. Sanmartín, Susana Sanches Arins e Benxamín Otero, nunha conversa aberta sobre os procesos de investigación, recuperación e creación arredor da memoria sonora e da tradición popular galega.

A presentación desenvolverase como un encontro entre palabra e música: un diálogo entre a poesía escrita para ser lida e a poesía popular pensada para ser cantada e escoitada.

Cantos, contos, recitados e música ao vivo acompañarán unha conversa que convida a
reflexionar sobre o papel das mulleres na tradición popular e sobre a continuidade
das voces que constrúen o noso patrimonio inmaterial.

Bookmark the permalink.

Comments are closed.