Este martes 4 de abril o alunado da Escola de Música Popular e Avanzada tivo o privilexio de gozar dunha visita turística ao redor das músicas antigas de Santiago de Compostela, guiada pola mestra de canto e especialista en música medieval Paulina Ceremuzynska. A visita foi un roteiro polos centros de produción musical da época, lugares empblemáticos con iconografía musical e espazos de interese musicolóxico. A Catedral, a escultura portadora de instrumentos, o Pórtico da Gloria, e o seu museo co coro pétreo, o pazo Real, os facsímiles da Biblioteca Xeral e mosteiro de San Paio.
Podes ver algunhas imaxes no perfil de Facebook de aCentral Folque:
https://www.facebook.com/acentral.folque/