Logo do éxito de “Ben vennas Maio”, Pablo Sanmamed regresa con “A Estrela Mostrada”, un novo proxecto editado por aCentral Folque en formato vinilo que con fotografías de Eutropio Rodríguez e texto interior de Alba Cid que volven a recuncar no proxecto para acompañar coas súas propostas artísticas o tema deste novo disco.
A proposta musical
A Estrela Mostrada volve iluminar o diálogo entre a música antiga e o jazz contemporáneo. Inspirado nas cantigas da lírica galego-portuguesa e noutras tradicións medievais, Sanmamed propón unha obra de sonoridades actuais e profundamente emocionais, onde o pasado resoa como materia viva no presente.
O sexteto liderado por Sanmamed ao contrabaixo integra voces e instrumentos que transcenden fronteiras: a salterista Begoña Olavide, a cantante Elena Tarrats, o violagambista Xurxo Varela, o pianista Iago Mourinho e o percusionista Chus Pazos. Xuntos crean un universo sonoro singular, inmersivo e poético, no que a improvisación e a memoria dialogan coa precisión da palabra e a beleza das melodías antigas. Esta nova estrela marca un fito na traxectoria de Pablo Sanmamed: unha proposta artística que reinterpreta a nosa tradición desde o presente, abrindo un espazo onde o medieval, o jazz e o emocional conflúen para crear unha experiencia sonora única e luminosa.
O texto e a fotografía
O novo disco traballa coa representación visual do inverno e do paso do tempo a través das fotografías de Eutropio Rodríguez que realizou desde 2019 até o presente a Celtia, a modelo da capa de “Ben vennas Maio” e “A Estrela Mostrada”. A elas súmase o texto literário creado en exclusiva pola poeta Alba Cid, capaz de dialogar coas músicas e textos orixinais dos temas musicais.
Os artistas
- Pablo Sanmamed: dirección e composición musical, contrabaixo
- Begoña Olavide: salterios
- Elena Tarrats: voz
- Xurxo Varela: viola de gamba, voz
- Iago Mourinho: piano
- “Chus” Pazos: batería, percusións
Compra o vinilo en Nave de Lata, Inquedanzas ou no Consorcio Editorial Galego
Escoita o disco en:
Co apoio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e a Axencia Galega de Industrias Culturais













