A zanfona, memoria da Transición

“Na procura do son perdido. A zanfona, memoria da Transición” é un documental dirixido por Ramon Pinheiro, unha produción do Consello da Cultura Galega que será presentado proximamente en diferentes lugares da Galiza.

As proxeccións de lanzamento terán lugar simultaneamente o sábado 14 de setembro nas xornadas do 4º Encontro Celme de Zanfona (Lugo) e no V Encontro Profesional de música Galiza_Portugal MUMI Musicas no Minho (Tui).

Recolle testemuñas en primeira persoa daqueles que protagonizaron o rexurdir da zanfona na década de 1970.

O Encontro Celme de Zanfona e o Encontro profesional de música Galiza_Portugal MUMI, Músicas no Minho acollerán as primeiras proxeccións deste documental “Na procura do son perdido. A zanfona, memoria da Transición”, unha produción do Consello da Cultura Galega, dirixido por Ramon Pinheiro e realizado por aCentral Folque e a produtora audiovisual Aqueladas.

O documental, conducido pola xornalista e escritora María Xosé Porteiro reúne as testemuñas de músicos e artesán que protagonizaron de forma directa o rexurdir da zanfona nas décadas de 1970 e 1980 e deron forma a un importante capítulo da cultura musical galega xerado no contexto da Transición política. Entre eles Antón CorralMiro Casabella, Carlos Villanueva, Xosé L. Rivas Cruz “Mini” (Fuxan os ventos), Pablo Quintana, Luciano Pérez (Obradoiro da Deputación de Lugo) ou Emilio Cao. Tamén os membros do pioneiro grupo didáctico de Zanfonas da Escola de Gaitas de Ortigueira: María del Mar Fernández Polo, Marta Pérez Ojea e Vicente Bermúdez Garrote.

Ademais de reunir esa extensa suma de declaracións o documental inclúe imaxes da época cedidas polos propios protagonistas, arquivos particulares e públicos, algunhas inéditas que verán a luz por vez primeira.

DETALLES DAS PRESENTACIÓNS o vindeiro sábado 14 de setembro de 2024:

LUGO. 18:30 h na Sala CENTRAD. Rúa Chantada s/n no 4º Encontro Celme de Zanfona

Coa participación de

  • Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega
  • Xosé Luís Rivas Cruz “Mini”, músico e protagonista
  • Luciano Pérez, director da colección de instrumentos do Centrad e protagonista
  • Mauro Sanín, produtor aCentral Folque

TUI. Ás 18 h no Teatro Municipal de Tui. Rúa Colón, no Encontro profesional de música Galiza_Portugal MUMI I Musicas no Minho

Coa participación de:

  • Cristina Domínguez, Consello da Cultura Galega
  • Antón Corral, luthier e protagonista
  • Ramon Pinheiro, director

Sobre o documental

Na procura do son perdido. A zanfona, memoria da Transición. Voces ceibes, o Movemento da Canción Popular Galega, o celtismo, o espertar da Música Antiga, a investigación e rehabilitación do instrumental tradicional e histórico, as recollas dos cantos de transmisión oral… os principais movementos renovadores da música galega durante a Transición están atravesados por un interese pola música tradicional e en particular por un instrumento cun valor simbólico incontornábel que vive durante o período unha particular atención polos novos intérpretes: a zanfona.
 
Ficha técnica
Dirección: Ramon Pinheiro Almuinha

Produción: Consello da Cultura Galega

Ano: 2024

Duración: 72 min.

Realización aCentral Folque – Aqueladas S. Cooperativa

Música orixinal: Oscar F. Sanjurjo

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario