Máis un ano o Concello de Santiago organiza a Semana do Libro de Compostela, un evento de 10 días co espazo central localizado na praza da Quintana (antiga praza dos Literarios) nunha carpa que acolle máis de 30 expositores e moitas máis actividades que van desde a presentacións editoriais, roteiros literarios, concertos, animación infantil, palestras, etc. desde o 7 de xuño até o 16 domingo.
A SELIC foi presentada este xoves 6 en rolda de prensa . Podes ver todo o programa de actividades nesta ligazón: http://santiagodecompostela.gal/imxd/noticias/doc/155982322202_Programacion_SELIC_2019-1.pdf
aCentral Folque contará cun stand propio onde teremos os títulos publicados pola editorial e información sobre o proxectos. A programación específica para esta SELIC’19 é a seguinte:
- Venres 7. 18 h
Colección “Cámara Escura” (presentación)
Eutropio Rodríguez (fotógrafo) / aCentral Folque - Domingo 9 20 h
Chané na Habana (charla)
Sixto Gómez Echemendia / aCentral Folque - Mércores 12 20 h
Bailegramas (presentación e música)
Sergio Cobos / aCentral Folque - Venres 14 21 h
Somos un pobo de artistas
Xurxo Souto / aCentral Folque - Domingo 16 20 h
Concerto de primavera
Escola de Música d’aCentral Folque