Desde este venres día 3 e até o día 12 celébrarase a SELIC. Semana do Libro de Compostela que este ano celebra a vida que se dá arredor do libro e a lectura na cidade e estaremos máis un ano co noso posto de venda. Nesta novena edición poderás visitarnos na carpa da Quintana e mercar algún título novo ou que non teñas do noso catálogo. No referido ao horario os postos abrirán de luns a venres de 17:00 h a 21.00 h mentres que sábado e domingo haberá tamén horario matutino de 11.30 h-14.30 h.
As actividades da SELIC que podes consultar nesta ligazón terán como punto neurálxico a Quintana no corazón da cidade histórica e aCentral Folque ten reservadas unhas fantásticas propostas que poden ser do voso interese:
Sábado 4 de outubro
19.30 h. A voz que somos: Tocadoras do Val do Dubra, Mulleres de Gargamala e Pandereteiras de Mens
Unha conversa entre autoras da colección Chave Mestra para afondar na memoria colectiva e no papel das mulleres na tradición popular. Modera o encontro Alba Cid e interveñen Beatriz Busto, Guillerme Ignacio e Ramon Pinheiro para compartir voces, experiencias e futuro desde a palabra viva.
Ao remate, Beatriz Busto e Guillerme Ignacio asinarán exemplares no posto de aCentral Folque.
Mércores 8 de outubro
19.30 h. As Tareixas. Santo Mandil
Con cancións orixinais que falan da infancia, das relacións humanas e da natureza, As Tareixas ofrécennos un concerto familiar cheo de emoción. Un repertorio coidado e entrañable, pensado para nenos e nenas… e para gozar en familia.
Ao remate do concerto As Tareixas asinarán o seu disco no posto de aCentral Folque.
Venres 10 de outubro
18 h. arte menor
O novo libro de Susana S. Arins preséntase cun espectáculo que mestura poesía, canto e improvisación oral. Un encontro vibrante da autora con Felisa Segade e Alba María para celebrar as voces das mulleres d’O Lugar.
Ao remate da conversa Susana S. Arins asinará exemplares no posto de aCentral Folque.
Esperamos por vós na Quintana!









