aCentral Folque no Culturgal’25

aCentral Folque presente no Culturgal en Pontevedra. Estaremos no stand número 14, coas novidades deste ano e outras publicacións do noso catálogo. Ademais teremos actos de dous títulos editados recentemente:

O sábado 29 de novembro ás 12 horas no Espazo Teatriño presentamos  “Tocadoras do Val do Dubra. Por que non hei de cantare?” coas intervencións de Lucía Santiago, Eutropio Rodríguez e Pandeireteiras da A. X. Regueifa do Val do Dubra.

Tamén no mesmo sábado 29 de novembro de 18 a 20 horas contaremos coa presencia no Stand de aCentral Folque de Susana Sanches Arins asinando libros do seu poemario “arte menor”

Podes consultar o programa completa aquí

Bookmark the permalink.

Deixa un comentario