aCentral Folque no Fleadh’14

aCentral Folque participará no Fleadh Cheoil na hÉireann, ou “Festival de Música de Irlanda“, que este ano ten lugar en Sligo, nove días de diferentes actividades sobre a música tradicional que pode chegar a congregar a máis de 400.000 persoas. aCentral Folque foi convidada a participar na performance da De Cuellar Suite e a facer varios concertos de música galega. Oito músicos, alunado da Escola Livre da MPG, estarán en Irlanda unha semana en agosto.

Sligoprep1O Fleadh é principalmente un campionato amateur (fundamentalmente de tocadores novos desde os 9 aos 18 anos) de interpretación de instrumentos e músicas populares que abrangue ademais outras accións coma concertos, aulas, conferencias, películas e moitas jam sessions. Organizado en diferentes departamentos (campionatos da bisbarra, provincia e rexión) ao longo do ano, o programa que acollerá Sligo entre o 10 e o 18 de agosto, son as finais nacionais do 2014.

Sligoprep2A “De Cuéllar Suite” é unha suite orquestral composta por Michael Rooney e interpretada pola Orquestra Ceol na Nog Sligeach  -uns 50 músicos e bailaríns- a quen se xuntarán 8 músicos da Escola Livre da MPG de Santiago para un acto único que irmanará a música destas dúas rexións atlánticas.

Esta nova representación da peza está nos actos que se organizan ao redor da Fleadh Cheoil Sligo, os campionatos nacionais de música tradicional de Irlanda do 2014. A noite será completada polo concerto da flamante nova banda do acordeonista Máirtín O’Connor.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

3 Comments

  1. Ayyyy que disfrute e que ledicia estar ahi parabens para a central e os que a fan posible

  2. Parabéns e gozade e facede gozar.

  3. Moitas ganas xa de chegar… Biquiños pra todas e todos!!

Deixa un comentario