aCentral Folque estaremos participando do Serán’04 que se organiza esta fin de semana do 20 ao 22 de xuño. Teremos un stand permanente coas novidades bibliográficas e musicais da editora na Feira durante todo o Serán’04 de venres a domingo. Podes consultar aquí os postos e horarios
O Serán’04.IV Encontro Galego de Cultura Popular: baile y música tradicional que celebra o seu cuarto ano reunirá na Cidade da Cultura entre o 20 e o 22 de xuño a todo o sector do folclore galego, desde artistas e agrupacións de música, canto e baile tradicional a integrantes de sectores relacionados a nivel artístico, técnico ou artesanal. O encontro contará con actuacións e ata un milleiro de artistas nun evento cultural de primeira orde, onde se amosará toda a nosa riqueza etnográfica, folclórica e creatividade tradicional, tanto amadora como profesional.
[Consulta aquí o programa completo]
Serán’04 inclúe desde espectáculos e actuacións musicais, a contidos formativos, obradoiros infantís. Todas as actividades teñen entrada de balde, pero as masterclasses e o Obradoiro familiar de serigrafía precisan inscrición previa. Desde aCentral Folque destacamos:
VENRES 20 DE XUÑO DE 2025
17:00 h – 18:30 h | Masterclass: “O repertorio do gaiteiro Poso”, Iván Costa | Espazo REGA 3 (Museo Centro Gaiás) [INSCRICIÓNS ABERTAS]
SÁBADO 21 DE XUÑO DE 2025
11:00 h – 12:30 h | Masterclass: “A destreza d@s bailador@s”, Serxio Cobos | Salón de Convencións (Edificio CINC) [INSCRICIÓNS ABERTAS]
DOMINGO 22 DE XUÑO DE 2025
11:00 h – 12:30 h | Masterclass: “Arredor da pandeira”, Felisa Segade | Espazo REGA 3 (Museo Centro Gaiás) [INSCRICIÓNS ABERTAS]










