Efecto Proximidade é un programa de análise e desenvolvemento de accións para a dinamización que no mercadiño de Salgueiriños (Santiago de Compostela) aCentral Folque desenvolve promovido pola Concellaría de Promoción Económica, Mercados e Comercio.
Baixo o nome de Efecto Proximidade, aCentral Folque organiza unha serie de actividades promovidas polo Concello de Santiago de Compostela para dinamizar unha das feiras regulares máis coñecidas da cidade: o mercadiño de Salgueiriños. Esta proposta enmárcase na axenda do Concello para promover o desenvolvemento económico e social dos mercados de Compostela e pretende conxugar elementos lúdicos, artísticos, formativos e gastronómicos coa creación de dinámicas de desenvolvemento do mercado de Salgueiriños tendo en conta aos actores e axentes locais.
EFECTO PROXIMIDADE
Efecto Proximidade ten por obxectivo dinamizar os diferentes mercadiños e feiras da cidade, en especial o Mercadiño de Salgueiriños. Na busca de conxugar elementos lúdicos, artísticos, formativos e gastronómicos coa creación de dinámicas de desenvolvemento do mercado de Salgueiriños tendo en conta aos actores e axentes locais.
O documental “Sons do Mercado” foi a primera acción deste programa pero ademais inclúe medidas como unha programación especial de actividades lúdicas e formativas en Verán e Nadal, dirixidas a un público familiar para favorecer a presenza de familias no mercadiño
Todas estas accións van encamiñas á posta en valor do Mercado de Salgueiriños como espazo de intercambio comercial, pero tamén cultural, social e vecinal.
O Mercadiño de Salgueiriños é un mercado que é parte da vida da cidade, no que traballan e conviven centos de persoas, nun espazo mercantil, pero tamén de diversidade e integración.
“Sons do Mercado” é a curtametraxe documental artellada a partires de distintos testemuños de vendedores ambulantes que nos amosan as distintas historias que hai detrás dos postos de venta do mercado de Salgueriños.Un documental de Marcos Nine con música orixinal de Alejandro Vargas.
O mercadiño semanal de Salgueiriños, no Barrio de Vite está ubicado na explanada contigua ao edificio de Facenda. Un espazo que facilita a distribución dos mais de 200 postos que todas as semanas abren para a venta dos seus productos. Os principais productos de venta son a confección textil e zapatería, ainda que tamén poden atoparse obxectos curiosos e de segunda man, así como alimentación: froitas e verduras, queixos e productos curados, etc.
Mapa aquí
Pódese visitar todos os xoves de 10 a 14 horas
Como chegar: Línea 1:Cemiterio de Boisaca / Hospital Clínico
http://www.tussa.org/web/linas.php?id=26&lg=cas
CARPA ACTIVA
A CARPA ACTIVA é o espazo central onde acontece a programación lúdica de EFECTO PROXIMIDADE, cumprindo así mesmo, as función de punto de información, promoción e encontro. Na carpa atoparás actividades diversas de dinamización social, divulgación, e xogo.
- LaboreAndo
Acción permanente onde encontrarás unha mixtura de exposición, desmostracións e intercambio de coñecementos de diferentes labores: ganchillo,calceta, bordado, costura… aberta a todas aquelas persoas que gosten de participar. Aproveita que no propio mercado podes atopar os materiais necesarios para a elaboración dos mesmos.
A partir desta experiencia de fluxo de coñecementos desenvolverase unha instalación laneira na última xornada de verán. As participantes nestas quedadas deseñaran pequenas pezas co obxectivo de penduralas ao longo dos postos do mercadiño.
- ConSumo Gusto
Durante todas as xornadas de EFECTO PROXIMIDADE poderás achegarte ao Posto de Elaboración e Degustación gratuita de Zumes e Batidos de froitas e verduras de tempada. Coñece a nova liña de oferta comercial do mercado de Salgueiriños, os postos de venta de produtos alimentarios, que están a sumarse ao espazo da feira.
e ademais…
- Troco de Xoguetes
Ven a trocar os xoguetes que xa non usas
Unha aposta por achegar ás mais pequenas da casa a idea do reuso e intercambio de obxectos en desuso para nós, pero que poden ser novidade para outras.
- Espazo Asociativo
A Carpa como lugar de encontro e visibilización do tecido asociativo da contorna e da cidade
PROGRAMACIÓN
- Trópico de Grelos: Os Obradoiros de Iniciación á Percusión para todos os públicos
- Trasno Malabares: Novo Circo
+ detalles de programación aquí
- Os Bregadiers: Brass band, música na rúa
- Menú de Contos de Charo Pita: Contacontos para toda a familia
+ detalles de programación aquí
- Xogando miudiño: espazo de xogo libre con brinquedos tradicionais.
- Cé Orquestra Pantasma: home orquestra
+ detalles de programación aquí
http://www.santiagoturismo.com/onde-comprar/de-compras-en-mercadillos