Estación de Jazz, a Coruña 2019 é un ciclo de catro concertos especiais no Teatro Colón ás 20.30 h, sempre en xoves nos meses desde febreiro a maio con artistas galegos en proxectos especiais, grandes nomes na escena actual e interesante do jazz feito no país. O prezo das entradas son 12 € (10 € anticipada).
Esta Estación de Jazz da Coruña, a cabalo entre o inverno e a primavera, trae ao carismático Teatro Colón algunhas das máis destacadas propostas xeradas na trepidante e prestixiosa escena galega do Jazz.
Nesta particular Estación poderemos mergullarnos na nova posta en escena de Sumrrá, presentando o seu novo disco coas vidocreacións de Laura Iturralde.
Tamén darán a coñecer as súas novidades discográficas dous dos nomes máis sólidos da escena ibérica, Pablo Sanmamed Trio (16/04) e o Pablo Castaño Quartet (A-la-láa), acompañado pola cantora Ugia Pedreira.
O concerto especial de apertura corre a cargo de Naima Acuña Project. Nel poderemos escoitar as novas composicións da prestixiosa baterista local coa participación do artista francés residente en NY, Simon Moullier.
VENDA DE ENTRADAS
Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Colón: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web
PROGRAMA
Todos os concertos son no Teatro Colón ás 20:30h
- Naima Acuña Project. feat. Simon Moullier
Xoves 28 febreiro - Pablo Sanmamed Trio. Presentación do disco “16/04”
Xoves 28 marzo - Pablo Castaño Quartet. feat. Ugia Pedreira. Presentación do disco “A-la-láa”
Xoves 18 abril - Sumrrá. feat. Laura Iturralde. Presentación do disco “6 Mulleres”
Xoves 23 maio
[events_list category=”95″ scope=all]