“No Campo de Fóra” é un ciclo de concertos e outras actividades ao redor da música tradicional reelaborada a celebrarse nesta primavera de 2025 no Concello de Santiago de Compostela e dentro da súa Rede de Centros Socioculturais. Son 10 propostas da Escola de Música de aCentral Folque cunha variada estética e de formatos estilísticos diferentes e complementarios.
No Campo de Fóra é un ciclo ao redor da música tradicional reelaborada e en diferentes formatos a celebrarse nesta primavera de 2025 dentro da Rede de Centros Socioculturais do Concello de Santiago de Compostela. Son 10 propostas da Escola de Música de aCentral Folque cunha variada estética e de formas estilísticas diferentes arredor das músicas pretéritas actualizadas.
A EMaCF, Escola de Música aCentral Folque, é un centro de ensino dinámico que leva na cidade de Santiago de Compostela 18 anos desde o curso 2008-2009 e 26 desde o seu nacemento no curso 2000-01 en Lalín.
“No Campo de Fóra” é o nome dun ciclo celebrado nos anos 2010 e 2011 cando aCentral Folque saía das aulas para ocupar os palcos dos CSCs e achegar a nova música tradicional aos barrios. Retoma ese espírito e ofrece un novo programa variado e accesíbel.
Son oito concertos e dous paseos sobre o patrimonio musical da cidade. O ciclo abre o 10 de maio coa proposta de música antiga do cuarteto Pres de Cambrai ‘Ca vem meu amigo. O ciclo do Vindel e a lírica medieval dos ss. XII e XIII’, no CSC Maruxa e Coralia da cidade histórica. María Faltri e Berto Rodríguez farán un concerto participativo sobre as cancións tradicionais galegas co programa ‘Coa pandeireta na man’ no CSC do Romaño. Carlos Freire convídanos a formar parte dun combo de percusión galega nun obradoiro para todos os públicos a partir de tambores, bombos, pandeiretas, cunchas, tarrañolas, culleres, ferriños, etc. no CSC de Nemenzo. Para o público familiar no CSC de Fontiñas a compañía de Títeres Seisdedos representará a peza O galo Quirico, un clásico dos monicreques de farrapo e outras técnicas tradicionais e música ao vivo. Xosé Lois Rivas ‘Mini’, un histórico da canción galega traerá un novo programa ao CSC da Trisca arredor da música tradicional. A intérprete, mestra e investigadora Isabel Rei fará un concerto solista sobre a ‘Guitarra Galega’ no CSC de Xulián do Carballal. Para todos os públicos no CSC do Eixo-Bornais será o espectáculo de narración oral ‘Bailen as vellas. O conto das cereixas’, o novo espectáculo de Atenea García e Vero Rilo feito para o día das Letras Galegas 2025. O ciclo de concertos será clausurado no CSC de Santa Marta o venres 6 de xuño polo músico portugués César Prata co espectáculo ‘O povo do Zeca’, sobre o repertorio de José Afonso en base ás músicas populares portuguesas (e algunha galega!).
O ciclo inclúe tamén os ‘Paseos musicais’, roteiros especializados sobre o patrimonio musical da cidade para entender os contextos e lugares. Esta serie pretende cubrir diferentes épocas históricas e comeza este ano coas propostas de Paulina María, guía turística e especialista en músicas medievais, e Alfonso Espiño, investigador e músico sobre a música pop feita desde Compostela. Serán conferencias en movemento para público reducido e curioso.
Programa:
Concertos
Sábado 10. 12 h. CSC Maruxa e Coralia
Pres de Cambrai: O ciclo do Vindel
Luns 12 maio. 19 h. CSC O Romaño.
María Faltri: Coa pandeireta na man
Venres 16 maio. 19 h. CSC Nemenzo
Carlos Freire: Percusión galega (obradoiro)
Luns 19 maio. 18.30 h. CSC Fontiñas
Títeres Seisdedos: O galo Quirico
Mércores 21 maio. 19 h. CSC A Trisca
Xosé Luis Rivas “Mini”: Arredor da música tradicional
Venres 23 maio. 17 h. CSC San Xulián de Carballal
Isabel Rei: Guitarra galega
Xoves 5 xuño. 18.30 h. CSC Eixo-Bornais.
Atenea García e Vero Rilo: Bailen as vellas. O conto das cereixas
Venres 6 xuño. 19 h. CSC Santa Marta
César Prata: O povo do Zeca
Paseos Musiciais
- Paulina María: Santiago antigo. Martes 27 maio. 17.30 h
- Alfonso Espiño: Compopstela. Martes 10 xuño. 18 h
*Os paseos musicais teñen prazas limitadas e precisan de inscrición previa no formulario web folque.com que podes encher aquí.
Esta actividades están feitas en colaboración coa Concellaría de Capital Cultural e a Rede de Centros Socioculturais do Concello de Santiago de Compostela.