Zona da Zanfona. XII Encontro Internacional. Rianxo

ImaxenZdZ2016_lata_400Zona da Zanfona, o festival internacional de zanfona organizado por aCentral Folque chega a súa XII edición e estrea novo calendario buscando os cálidos e longos días de verán para animar as rúas de Rianxo e ofrecer o punto de encontro e espazo de intercambio musical para as zanfonistas do país.

Na súa programación inclúense ofertas variadas e complementarias que van desde o público de veciñas e veciños de Rianxo e a comarca de Arousa e de Barbanza até o máis especializado sobre o instrumento de toda Galicia.

Animación de rúa, concertos , baile, xuntanza das escolas galegas e cursos para inciados e experimentados tocadores conforman un programa ambicioso e variado para todos os públicos. Referentes no instrumento en Galiza coma os consagrados Anxo Pintos e Óscar Fernández, verdadeiros pedagogos das novas xeracións de tocadores no país mais tamén os novos talentos de Obal (Iván Costa ou Jaime Rebollo) ou a versión máis cantabile co dúo Sobre Rodas (Luís O Caruncho e Carlos do Viso) conforman unha visión rica e variada da boa saúde coa que este instrumento tan carismático goza na Galiza.

Logo de once anos, os Encontros Internacionais coa Zanfona seguen a estender os límites conceptuais deste “sintetizador medieval”  e  conviven a través do instrumento en diferentes estilos da nosa música popular. Son significativas todas as figuras de renome internacional que teñen pasado por este encontro situando a Galicia no epicentro mundial do instrumento e que marca un presente magnífico para un porvir donde a memoria do instrumento vai gañando cada vez máis espazo desde o rexurdir dos anos 70. aCentral Folque é plataforma activa que aposta e pon e conexión a profesionais, alumnado e luthiers conseguindo desde o 2000 unha renovación esencial para o instrumento.

Zona da Zanfona ten acubillado os máis sobresaíntes creadores da novas tendencias para o instrumento: Valentín Clastrier, Gilles Chabenat, Gregory Jolivet, Marc Egea, Isabelle Pignol, Tobie Miller , Adrià Grandia, Germán Díaz … ou os luthieres e investigadores Jaime Rebollo, Xulio Gª Bilbao, Luciano Pérez, Pablo Cid, César Loureiro,…

Consolidado en Rianxo, ubicación de excepción para a cultura do país está a vangarda na programación musical para a zanfona, instrumento carismático que segue a sorprender e dando que falar logo de mil anos de Historia.


Zona da Zanfona. 12 Encontro Internacional. Rianxo. 27-30 xullo 2016

ZdZ16_textoPROGRAMA

Mércores 27 xullo. Mercadiño Praza Castelao. 12 h

  • Dúo Sobre Rodas. Concerto ambulante.

Venres 29 xullo. Praza Rafael Dieste. 21.30h

  • Os Cempés. Baile 100%. Con obradoiro previo de iniciación

Sábado 30 xullo. Praza Rafael Dieste. 22.30h

  • Anxo Pintos + Obal. Concerto e baile

Domingo 31 xullo. Praza Rafael Dieste. 12 h

  • Palco aberto. Xuntanza de escolas de zanfona de Galiza

                                              *Todas as actividades son de balde

Cursos de zanfona. Biblioteca Municipal de Rianxo

Óscar Fernández. Curso iniciación. 5 €. Venres 29. 16-20h

Anxo Pintos. Curso perfeccionamento. 30 €. Sábado 30. 10-14h e 16h – 19h

Exposición

Zanfonistas de Castelao”, durante os días do encontro na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo. Comisionada polo Fondo Musical de Rianxo


Info para os cursos de zanfona:

Inscrición e info xeral:

Enviar e-mail cos seguintes datos:- Nome e apelidos / Correo electrónico- Nº de teléfono / Xustificante de ingreso en conta

Detalles bancarios:

Abanca 2080-0342-60-3040009110

Asociación do Conservatorio de Música Trad. e Folque

*indicar no pagamento o nome da persoa que asiste ao curso e o concepto “aportación”

CURSOS:

Iniciación con Óscar Fernández. Non é preciso instrumento, a organización facilitará un.

Venres 29 xullo: de 16 a 20 h no Auditorio de Rianxo

Prezo Curso: 5 €

Curso: prazas limitadas (9)

Perfeccionamento con Anxo Pintos

Sábado 30 xullo: de 10 a 14 e de 16 a 20 h

Prezo Curso: 30 €

Curso: prazas limitadas (20)

 

Créditos:

Organiza aCentral Folque I Promove Concello de Rianxo e Deputacion da Coruña I Colabora Padroado de Cultura de Narón


PROGRAMA DETALLADO

[events_list category=”81″ scope=all]

Comments are closed