Zona da Zanfona. XIII Encontro Internacional. Rianxo 2017

Zona da Zanfona, o encontro internacional de zanfona organizado por aCentral Folque chega a súa XIII edición co apoio do Concello de Rianxo, promotor desta iniciativa. Logo do suceso do ano pasado, mantemos as datas de verán para desenvolver un programa para todos os públicos, aquelas persoas curiosas no instrumento que queren achegarse a el ou que o descoñecen, músicos especialistas e audiencias de lecer que buscan os solaz na escoita deste fabuloso instrumento. Desde aCentral Folque levamos máis de quince anos divulgando os seus sons e este encontro é a data sinalada no calendario anual.

Galiza está na vangarda europea en canto á variedade de estilos, proxectos diferentes, mestres ensinando e alunado aprendendo que nos últimos anos ten visto un crecemento exponencial, envexado noutros puntos da Península e do continente. Cada vez é meirande o número de persoas practicando, aprendendo e construíndo a un alto nivel. A ZdZ ten sido un importante revulsivo para que isto acontecese, achegando até Galiza os referentes europeos que revolucionaron a zanfona nos últimos trinta anos. Nomes coma Valentin Clastrier, Gilles Chabenat, MAtthias Loibner, Gregory Jolivet, Marc Egea, Isabelle Pignol, Tobie Miller, Adrià Grandia, Germán Díaz … ou os luthieres e investigadores Jaime Rebollo, Xulio Gª Bilbao, Luciano Pérez, Pablo Cid, César Loureiro,… teñen estado nos últimos doce anos na Zona da Zanfona.

Sempre convidando a algún especialista de renome internacional, este ano traemos até Rianxo a impartir o curso e facer un concerto deste instrumento milenario a dous músicos do Novo Mundo. R.T. Taylor e Brian McCoy veñen dos Estados Unidos e representan un outro xeito de aproximarse á zanfona. O primeiro foi o impulsor dos primeiros festivais e concertos en Los Ángeles nos anos 80 e exemplifica aquela primeira xeración de curiosos pola zanfona nos USA.  O segundo, é un virtuoso, xoven intérprete e compositor cunha visión moi persoal lonxe da tradición europea.

Estes dous músicos impartirán o sábado 8 de xullo o curso avanzado para iniciados. O venres 7 de xullo, ofrecemos de novo o curso de iniciación impartido por Óscar Fernández, con instrumentos disponíveis par aas persoas que quieran descubrir a zanfona. Non se precisan coñecementos previos!

Ademais de atender as esixencias dos músicos avanzados, a ZdZ ofrece un outro programa para todos os públicos con concertos abertos na praza de Rafael Dieste. O venres 7 de xullo a presentación en palco do prxecto Cantos de Cego da Galiza e Portugal dos músicos galego Ariel Ninas e do portugués César Prata nun recital sobre o repertorio deste senlleiro persoaxe que transmitiu músicas e cantigas desde a Idade Media até os nosos días.

O concerto do sábado 8 de xullo está pensado para o baile. O cuarteto Estatalá para os bailes galegos e europeos e o dúo dos zanfonistas Brian McCoy e R.T.Taylor cunha selección de bailes franceses moi sinxelos de danzar.

O domingo 9 de xullo qiuere ser máis un ano, o espcaparate da vitalidade da zanfona en Galicia cun convite a todas a s escolas do país para un palco aberto, un xantar e unha foliada onde a zanfona será a protagonista  da xornada.

 


Zona da Zanfona. 13 Encontro Internacional. Rianxo. 7,8,9 xullo 2017

PROGRAMA

Mércores 5 xullo. Mercadiño Praza Castelao. 12 h

  • Dúo ZdZ. Concerto ambulante.

Venres 7 xullo. Praza Rafael Dieste. 22.30h

  • Ariel Ninas e César Prata. Cantos de cego da Galiza e Portugal

Sábado 8 xullo. Praza Rafael Dieste. 22.30h

  • EstataláR.T.Taylor & Brioan McCoy. Concerto e baile

Domingo 9 xullo. Praza Rafael Dieste. 12 h

  • Palco aberto. Xuntanza de escolas de zanfona de Galiza

                                              *Todas as actividades son de balde

Cursos de zanfona. Auditorio Municipal de Rianxo

Óscar Fernández. Curso iniciación. 10 €. Venres 7. 16-20h.

R.T.Taylor e Brian McCoy. Curso perfeccionamento. 40 €. Sábado 8. 10-14h e 16h-20h

 


Info para os cursos de zanfona:

Inscrición e info xeral:

Enviar e-mail cos seguintes datos:- Nome e apelidos / Correo electrónico- Nº de teléfono / Xustificante de ingreso en conta

Detalles bancarios:

Abanca 2080-0342-60-3040009110

Asociación do Conservatorio de Música Trad. e Folque

*indicar no pagamento o nome da persoa que asiste ao curso e o concepto “aportación”

CURSOS:

Iniciación con Óscar Fernández. Non é preciso instrumento, a organización facilitará un.

Venres 7 xullo: de 16 a 20 h no Auditorio de Rianxo

Prezo Curso: 10 €

Curso: prazas limitadas

Perfeccionamento con Brian McCoy e RT.Taylor

Sábado 8 xullo: de 10 a 14 e de 16 a 20 h

Prezo Curso: 40 €

Curso: prazas limitadas

 

Créditos:

Organiza aCentral Folque I Promove Concello de Rianxo e Deputacion da Coruña I Colabora Padroado de Cultura de Narón


PROGRAMA DETALLADO

[events_list category=”88″ scope=all]

Comments are closed