Zona da Zanfona. XIV Encontro Internacional. Rianxo 2018

Zona da Zanfona, o único festival temático sobre instrumento na Península Ibérica celebra máis unha vez o seu encontro anual en Arousa. Organizado por aCentral Folque chega a súa XIV edición co apoio do Concello de Rianxo. Mantense as datas de verán (6-8 de xullo) e desenvolver un programa para todos os públicos, aquelas persoas curiosas no instrumento que queren achegarse a el ou que o descoñecen, músicos especialistas e audiencias de lecer que buscan o solaz na escoita deste fabuloso instrumento. Desde aCentral Folque levamos máis de quince anos divulgando os seus sons e este encontro é a data sinalada no calendario anual. O artista internacional este ano é o sueco Johannes Geworkian Hellman que ofrecerá un concerto solista e un curso para especialistas.

A novidade deste ano é a organización de cursos non especificamente sobre a zanfona. Haberá un curso de improvisación oral con Alba María e Benito Lobariñas e outro de bailes do mundo con Mercedes Prieto e Sergio Cobos. Ademais do curso avanzado con Johannes Geworkian e o de iniciación con Óscar Fernández.

Os concertos celebraranse na praza Rafael Dieste con entrada libre e partir das 22.30 h. O venres 6 a ocasión será para dous solistas de excepción: Miro Casabella e o seu concerto “O cantor da dignidade” e Johannes Geworkian e show “Cinematic Music“. O sábado 7 será o Baile Assalto con Mala Herba e Óscar Fernández como artista convidado.

O domingo 8 de xullo qiuere ser máis un ano, o escaparate da vitalidade da zanfona en Galicia cun convite a todas a s escolas do país para un palco aberto, un xantar e unha foliada onde a zanfona será a protagonista  da xornada baixo unha carpa na praza Setefogas (Paseo Marítimo).

Iniciamos ademais a publicación para descarga libre do Cancioneiro #ZdZ que pretenderá medrar nos vindeiros anos con aportacións dos docentes de escolas de zanfona de Galicia para ter un repertorio común de cancións populares e simples para todos os niveis. Podes descargar o primeiro destes cancioneiros aquí

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

ZONA DA ZANFONA. RIANXO 2018. Programa

Mércores 4 xullo.

Concerto Ambulante Mercadiño Praza Castelao. 12 h

  • Ariel Ninas & Alba María

Animación de rúa durante a celebración do mercado semanal de Rianxo o mércores na praza Castelao, presentación do ZdZ con concerto entre os postos do mercadiño.

Venres 6 xullo.

Concerto ZdZ Praza Rafael Dieste. 22.30 h

  • Miro Casabella / Johannes Geworkian Hellman

Curso Zanfona (iniciación) Auditorio de Rianxo. 16 – 20 h. con Óscar Fernández *(non é preciso instrumento propio!)

Sábado 7 xullo

Baile Assalto ZdZ. Praza Rafael Dieste. 22.30

  • Grupo Mala Herba. Convidado especial Óscar Fernández. Música ao vivo para baile popular.

Cursos ZdZ. Auditorio de Rianxo. 10 h-19 h

  • Curso zanfona (avanzado) con Johannes Geworkian
  • Curso baile con Sergio Cobos e Mercedes Prieto
  • Curso de regueifa con Alba María

Domingo 8 xullo

Palco ZdZ: Xuntanza de zanfonas. Praza Rafael Dieste e Liceo Rianxeiro.

  • 12 h Palco aberto para zanfonistas de todo o país. Praza Rafael Dieste
  • 14.30 h Xantar aberto. Praza de Setefogas.
  • 17 h Foliada ZdZ. Praza de Setefogas.

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

Info para os cursos:

Inscrición e info xeral:

Enviar e-mail cos seguintes datos:- Nome e apelidos / Correo electrónico- Nº de teléfono / Xustificante de ingreso en conta

Detalles bancarios: Abanca ES81 2080-0342-60-3040009110Asociación do Conservatorio de Música Trad. e Folque *indicar no pagamento o nome da persoa que asiste ao curso e o concepto “aportación”

Créditos:

Organiza aCentral Folque : Promove Concello de Rianxo e Deputacion da Coruña

 

_

 

 

 

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

ZONA DA ZANFONA. RIANXO 2018. actividades en detalle

[events_list category=”92″ scope=all]

Comments are closed