Zona da Zanfona, Encontro Internacional. XVI edición
Lugar: Rianxo
Data: 3, 4 e 5 xullo 2020
Zona da Zanfona é un festival arredor deste instrumento que celebra máis unha vez o seu encontro anual na ría de Arousa. Un evento único na Península Ibérica organizado por aCentral Folque e promovido desde o Concello de Rianxo que cumpre dezaseis anos neste 2020. Acontece na primeira fin de semana do mes de xullo e esta edición terá unha programación especial para cumplir cos protocolos de sanidade, hixiene e distanciamento físico que a situación require mais que non desatenderá ás actividades fundamentais que sempre ofrece ao público local e ao especializado de outros lugares. Músicos especialistas e audiencias en xeral que buscan o solaz na escoita deste fabuloso instrumento. aCentral Folque leva vinte anos divulgando os seus sons e este encontro é a data sinalada no calendario anual. O ZdZ ofrece na vila mariñeira e literaria de Rianxo unha desculpa para vir e gozar de concertos, cursos e convivio arredor da zanfona.
A programación deste ano pivota en tres eixos: concertos de balde, cursos de aprendizaxe e actividades online (en inglés para audiencias non presenciais).
Os concertos atenden a un criterio de especialización (o virtuoso Efrén López e as músicas mediterráneas), popular (o repertorio tradicional galego do dúo Sobre Rodas e a dramaturxia de Os Monifates) e as novas expresións recreadas (trío É Romance sobre o romanceiro tradicional ibérico). Esta edición non contará co “Palco Aberto”, unha mostra das escolas de zanfona do país que o domingo amosaban diferentes músicas o que aprenden ao longo do curso. Os concertos son de entrada libre e este ano deben ser con reserva do billete previa ao concerto que ademais terá o aforo limitado e distancia física entre público dictaminada polos protocolos de seguridade sanitaria.
Os cursos de interpretación serán igualmente con prazas limitadas. Serán o de iniciación con Óscar Fernández (para o que non se precisa instrumento propio pois empresta a organización) e de especialización con Efrén López.
Este ano ademais hai unha novidade apaixoante neste ámbito. Será o curso de construción dunha zanfona conducido polo artesán Suso Gestal. Seguindo os planos disponibilizados en aberto por Jaap e Fay Brand do seu modelo denominado Nerdy Gurdy, a equipa do ZdZ coa axuda inestimábel de Suso Gestal, desenvolveu un instrumento básico para ser montado nos dous días que dura o curso para asegurar que cada participante leva a casa unha zanfona funcional canda a aprendizaxe do xeito de facela.
Outra novidade deste ano será o programa da ZdZ dixital: actividades de divulgación especializada para unha audiencia internacional emitidas por Internet. Será unha aula maxistral con Steve Tyler, zanfonista inglés de longa traxectoria artística e unha palestra sobre cordas históricas e modernas coa canadense Tobie Miller, intérprete especializada en repertorio barroco para zanfona.
O ZdZ continua tamén coa divulgación de repertorio zanfoneiro coa terceira entrega do Cancioneiro #ZdZ, publicación de acceso gratuíto e descarga libre que pretende ser unha escolma de cancións coas aportacións dos docentes de escolas de zanfona de Galicia para ter un repertorio común de cancións populares e simples para todos os niveis. Podes descargar os dous primeiros destes cancioneiros aquí.
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
ZONA DA ZANFONA. RIANXO 2020. Programa
Concertos ZdZ
Venres 3 xullo. Auditorio de Rianxo. 22.30h
- Efrén López. Solo.
- Sobre Rodas: Luís ‘Caruncho’ e Carlos do Viso
Sábado 4 xullo. Auditorio de Rianxo. 22.30h
- Os Monifates: Alberto Millán e José Nebra
- é Romance: Alba María, Queco Díaz e Uxía Muíño
Os concertos serán de balde previa inscrición por correo electrónico.
Cursos ZdZ
- Zanfona Iniciación con Óscar Fernández. Venres 3 xullo. 16-20h (emprestamos instrumento!)
- Zanfona Avanzado con Efrén López. Sábado 4 xullo. 10-19h
- Zanfona Construcción con Suso Gestal. Venres 3 e sábado 4 de xullo. 10-20h
Lugar: Auditorio de Rianxo
ZdZ dixital
Domingo 5 xullo
- Master class con Steve Tyler. 18-21h (UTC+2). Curso online (en inglés).
- Palestra con Tobie Miller.”Cordas para zanfona: das históricas ás modernas” 16-17h (UTC+2). Conferencia online (en inglés).
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Info para os cursos:
Inscrición e información xeral:
- Correo electrónico: matricula@folque.com
- Enviar e-mail cos seguintes datos: Nome e apelidos / correo electrónico / número de teléfono
- Datas de inscrición: do 15 ao 30 de xuño
- Prezos: iniciación: 15€ (non é preciso instrumento); avanzado: 35€ (ouvintes 25 €)
- ZdZ dixital: (consultar consideracións especificamente para a master class e a palestra)
Todos os cursos teñen prazas limitadas. Debes escribir un mail para anotarte. Recibirás a confirmación para a túa praza e os datos de pagamento. Disponibilidade segundo a orde de recepción do correo e pagamento da matrícula.
Información extendida:
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Info para os concertos:
Inscrición e información xeral:
- O aforo será limitado e as medidas sanitarias e de distancia física para persoas segundo as normas estabelecidas
- Debes enviar un correo electrónico coa seguinte información: nome, enderezo electrónico, teléfono de contacto e número de persoas e se son de convivencia habitual
- A reserva das entradas é para persoas individuais ou grupo de convivintes (máximo 5 persoas)
- Enderezo electrónico: auditorio@concelloderianxo.gal
- Teléfono alternativo: +34 664 183 217
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Info para o ZdZ Dixital:
[GAL]Inscrición e información xeral:
- Actividades desenvolvidas en inglés
- Enderezo para anotarse: info@folque.com
- Plataforma informática: zoom. Debes ter esta aplicación instalada no teu dispositivo. Recibirás un convite para a sesión
- Prezo curso con Steve Tyler: 15 €. 3 horas total
- Prezo palestra con Tobie Miller: gratis. 1 hora total
- Data límite para anotarse: 1 de xullo
[ENG] Registration:
- Language: English
- Email registration: info@folque.com
- Subject of the email: “Tobie Miller lecture” and “Steve Tyler master class”. You have to write two emails if you want to attend both events
- Software required: zoom. Once registered, you will receive an invitation for the meeting on your email a few days before the event
- Fee master class with Steve Tyler: 15€
- Fee lecture with Tobie Miller: free
- Dead line for registration: 01/07/2020
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Programación ZdZ en detalle:
[events_list category=”101″ scope=all]
Actividade promovida por:
Apoio de: