Zona da Zanfona, Encontro Internacional. XVII edición
Lugar: Rianxo
Data: 3 , 4 e 9, 10, 11 de xullo 2021
Zona da Zanfona é o festival da manivela musical. Arredor deste instrumento milenario máis unha vez celébrase o encontro anual na ría de Arousa. Un evento único na Península Ibérica organizado por aCentral Folque e promovido desde o Concello de Rianxo que cumpre dezasete anos neste 2021 e onde teñen pasado os nomes máis internacionais da escena europea nas últimas dúas décadas. Acontece nas primeiras fins de semana do mes de xullo e esta edición terá unha programación especial para cumplir cos protocolos da situación sanitaria actual con actividades para o público local e para o especializado de outros lugares. Músicos amadores e profesionais e audiencias en xeral que atoparán gozo e deleite na escoita deste fabuloso instrumento. O ZdZ ofrece na vila mariñeira e literaria de Rianxo unha desculpa para vir e gozar de concertos, cursos e convivio arredor da zanfona.
A programación deste ano pivota en tres eixos: concertos de balde, cursos de aprendizaxe e actividades online (en inglés para audiencias non presenciais).
Os concertos atenden a un criterio de especialización (o multiinstrumentista Héctor Braga e as músicas asturianas), popular (o repertorio instrumental da dupla galega Xemelgas e o concerto ambulante no mercado semanal de Rianxo) e as novas expresións (o proxecto portugués Alacrã co histórico músico dos Gaiteiros de Lisboa Carlos Guerreiro e Julieta Silva; ou Suán, o novo proxecto comunitario da Asociación Cultural Trepia).Esta edición non contará co “Palco Aberto”, unha mostra das escolas de zanfona do país que amosaban diferentes músicas o que aprenden ao longo do curso. Os concertos son de entrada libre e este ano deben ser con reserva do billete previa ao concerto que ademais terá o aforo limitado e distancia física entre público dictaminada polos protocolos de seguridade sanitaria.
Os cursos de interpretación serán con prazas limitadas. O de iniciación con Óscar Fernández (para o que non se precisa instrumento propio, empréstase un desde a organización) e de especialización con Héctor Braga.
Este ano ademais repetimos unha actividade apaixoante neste ámbito. Será o curso de construción dunha zanfona conducido polo artesán Suso Gestal e o músico Ariel Ninas. A partir da filosofía DIY, dos novos xeitos de produción (corte láser e fabricación aditiva) e a partir dos planos disponibilizados en aberto por Jaap e Fay Brand, a equipa de Suso Gestal e Ariel Ninas, desenvolveu un instrumento básico para ser montado nos dous días que dura o curso para asegurar que cada participante leva para casa unha zanfona funcional e a aprendizaxe de tela feito.
Logo do suceso dos cursos ZdZ Spring masterclass , continúa o programa da ZdZ dixital: actividades de divulgación especializada para unha audiencia internacional emitidas por Internet. Será unha aula maxistral con Germán Díaz, zanfonista vallisoletano afincado desde hai 20 anos na Galiza.
O ZdZ continua tamén coa divulgación de repertorio zanfoneiro coa cuarta entrega do Cancioneiro #ZdZ, publicación de acceso gratuíto e descarga libre que pretende ser unha escolma de cancións coas aportacións dos docentes de escolas de zanfona de Galicia para ter un repertorio común de cancións populares e simples para todos os niveis. Podes descargar os tres primeiros destes cancioneiros aquí.
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
ZONA DA ZANFONA. RIANXO xullo 2021. Programa
Concertos ZdZ
Venres 9 xullo. Exterior CEIP Castelao. 22.30h
- Héctor Braga. Só (Asturies)
- Alacrã. Carlos Guerreiro, Julieta Silva (Portugal)
Sábado 10 xullo. Exterior CEIP Castelao. 22.30h
- Xemelgas. Manu Fraguela e Óscar Fernández (Terra de Trasancos)
- Suán. A.C. Trepia (Pontevedra)
Domingo 11 xullo. Praza de Castelao e Paseo da Ribeira. 12h
- Concerto Ambulante. Músicas na feira.
Cursos ZdZ
- Iniciación. Óscar Fernández. Venres 9. 16-20h (emprestamos instrumento!)
- Avanzado. Héctor Braga. Sábado 10. 10-19h
- Construción. Suso Gestal e Ariel Ninas. Sábado 3 e domingo 4 de xullo. 10-20h
Lugar: Auditorio de Rianxo
ZdZ dixital
Masterclass con Germán Díaz. Curso online (en inglés). Domingo 11 xullo. 18-20h (UTC+2).
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Info para os cursos:
Inscrición e información xeral:
- Datas de inscrición: do 22 de xuño ao 7 de xullo
- Inscrición: debes encher o formulario de inscrición accesíbel no link de cada unha das actividades: construción, iniciación, avanzado
- Correo información: matricula@folque.com
- Prezos: iniciación: 20€ (non é preciso instrumento); avanzado: 40€ (ouvintes 20 €); construción (650€)
- ZdZ dixital: (consultar aquí as consideracións específicas para a masterclass)
Todos os cursos teñen prazas limitadas. Debes encher o formulario e recibirás un mail de confirmación para a túa praza e os detalles de formalización. Disponibilidade segundo a orde de recepción do correo.
Información extendida e inscricións:
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Info para os concertos:
Inscrición e información xeral:
- O aforo será limitado e as medidas sanitarias e de distancia física para persoas segundo as normas estabelecidas
- A reserva das entradas será a partir do 30 de xuño en concelloderianxo.gal/reservas (preferente)
- Teléfono alternativo: 981 100 688
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Info para o ZdZ Dixital:
[GAL]Inscrición e información xeral:
- Actividades desenvolvidas en inglés
- Plataforma informática: zoom. Debes ter esta aplicación instalada no teu dispositivo. Recibirás un convite para a sesión
- Prezo curso con Germán Díaz: 20 €
- Data límite para anotarse: 6 de xullo
[ENG] Registration:
- Language: English
- Software required: zoom. Once registered, you will receive an invitation for the meeting on your email a few days before the event
- Fee: 20€
- Dead line for registration: 6th July 2021
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Programación ZdZ en detalle:
[events_list category=”106″ scope=all]
Actividade promovida por:
Apoio de: