Alfredo Rodriguez na EMPA

Este venres o alunado de segundo ano do Curso Maxistral da Escola de Música Popular e Avanzada terán a oportunidade de aprender con Alfredo Rodríguez. Unha aula de prácticas escénicas para tomar consciencia do corpo, os acenos e as actitudes no palco cando un intérprete se enfronta a un público.

Alfredo Rodríguez é un experimentado profesional no ámbito das artes escénicas desenvolvido principalmente como director da compañía A Producións Artísticas (www.aaristica.net). Tamén é mestre no C.P.R. O Raio Verde.

Foi xefe de produción entre outros dos espectáculos Tio Vania Cía Factoria Teatro, Premio María casares mellor espectáculo, 2005; O canto do Dime-dime Cía Factoria Teatro Premio María Casares 2004; Coitelos nas Galiñas Cía Factoria Teatro, Premio María Casares mellor dirección 2002; A Casa de America Cía Factoria Teatro 199. Ten desenvolvido unidades didácticas reseñadas coma O melro Branco de Ttranvía teatro; A Celestina do Teatro da lúa; Voces no vento, Os Homes só contan ate tres ou A Casa Da america de AFactoria Teatro.

Como actor ten actuado en obras coma Don Hamlet 2010 CíaSarabela teatro;Des-memoria2 2009 (Producción Disque Danza, distribución A Artística);Castronós; o baile 2007 Cía A Factoria Teatro; O Regreso ao deserto 200 6do CDG.

É Licenciado en ”Filosofia e Letras, Sección Ciencias da Educación. Especialidade en Pedagoxía Terapeutica” Na Universidade Pontificia de Salamanca. e ten un Postgrao “Especialista en Arte Dramática Teoria e práctica da Interpretación” Universidade De Santiago de Compostela.


About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario