“Amadeo Goyanes” na ETrad

GoyanesE_tradEste mércores 3 de xuño a partir das 20.30 h no Auditorio Milladoiro da Escola de Artes e Oficios de Vigo aCentral Folque fará a segunda presentación dun libro da colección da Chave Mestra na E-Trad, escola de música tradicional de Vigo, aberta a todo o alunado e público interesado en coñecer detalles sobre persoeiros da tradición oral e musical galega.

Desta volta será presentado o libro “Amadeo Goyanes e as zanfoneiras de Monforte”. O acto contará coa presenza do autor do texto, Pablo Quintana, o editor e coordinador da Chave Mestra, Ramon Pinheiro. O presentador será o mestre de zanfona da E-Trad, Anxo Pintos. Ao final haberá unha actuación especial da Aula de zanfona da E-Trad. 

En 2015 cúmplese o centenario do nacemento do monfortino Amadeo Goyanes Vázquez e o XX aniversario do seu pasamento. Un momento no que deterse para profundizar no coñecemento dunha figura clave e fundamental na música tradicional galega e particularmente no movemento de rexeneración da zanfona en Galiza, onde foi todo un pioneiro.

Aproveitando a efeméride do centenario do seu nacemento e XX aniversario da súa morte, aCentral Folque pretende salientar o traballo fundamental dun persoeiro que fundou a primeira escolanía de zanfonas de Galicia, constructor humilde e mestre  gaiteiro e zanfoneiras. O resultado é un libro con CD cun detallado texto sobre a vida e traballo musical de Amadeo Goyanes ameno e curioso para todos os públicos: partituras editadas para os músicos e especialistas da zanfona e un disco compacto no que se encontran inéditos de Amadeo Goyanes. Ademais deses históricos rexistros, graváronse especialmente para esta publicación músicas do seu repertorio e novos temas saídos da factoría da aula de zanfona da Escola Livre da MPG sita en Santiago de Compostela.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario