Análise de Cancións. Curso 23-24

Sergio de la Ossa, mestre, investigador e musicólogo, imparte máis un ano o curso regular de Análise de Cancións Tradicionais. Este ano, o curso continuo é de 13 sesións cun total de 52 horas lectivas e serán os martes pola mañá no Auditorio de Galicia (Santiago DC). Podes ver os contidos específicos de cada semana, ao final do texto. Un extenso programa para cubrir diferentes aspectos arredor da música tradicional: métricas, ritmos, ámbitos e escalas, cadencias, perfís melódicos, xéneros, formas estróficas,… Este curso está dirixido a persoas iniciadas que queiran entender o funcionamento formal das músicas tradicionais; a músicos con intención de coñecer o patrimonio oral galego; a persoas que preparen as oposicións a Música.

Se che interesa o curso pero non tes dispoñibles os martes, fáinolo saber. De haber xente suficiente, podería abrirse un grupo nos días en que se ofreceu o curso os anos anteriores (sábados mañá).

Detalles xerais:

  • Lugar: Auditorio de Galicia, Sala Circular. Santiago de Compostela
  • Datas: martes cada dúas semanas de novembro a maio (ver calendario embaixo)
  • Horario: mañás. Presencial.
  • Horas totais:  52 horas
  • Prezo: 350€
  • Prazas limitadas
  • Nivel: persoas iniciadas
  • Inscrición e info de matrícula: pica aquí. Tes que enviar o formulario de preinscrición; recibirás un correo co proceso de matrícula (non inmediato, non robótico)
  • + info: matricula@folque.com

Que facemos no curso?

Aprendemos escoitando gravacións orixinais, cantando (moito) desde partitura e aplicando os coñecementos paso a paso, de xeito progresivo e práctico. Partimos da experiencia dos cursos iniciados no Instituto de Pedagoxía Musical Kodály, en Hungría, e na dos xa numerosos cursos realizados n’aCentral Folque e noutros centros e conservatorios en Galicia nos últimos dez anos para aplicar melloras en cada nova edición. Este ano o curso constará de 13 sesións de 4 horas cada (52 horas totais). Nel poderás preparar a proba de análise das oposicións a mestres de música.

O calendario do curso son os martes cada dúas semanas, do 14 de novembro ao 14 de maio, de 10 a 14 horas.

Como traballamos a análise?

Podes ver parte do método aquí. E para consultar algo máis completo na versión publicada no KodályHub da guía de análise nesta entrada.

Esperamos que che interese, agardamos por ti no grupo deste curso!

 

Breve biografía de Sergio de la Ossa

Sergio de la Ossa (Madrid, 1978) é etnomusicólogo, mestre especialista en pedagoxía musical Kodály e guitarrista.

Entre 2007 e 2018 estivo a cargo do arquivo de música tradicional do Museo do Pobo Galego (http://apoi.museodopobo.gal,) e foi mestre de música tradicional no Instituto Kodály da Academia Liszt (Kecskemét, 2011-2015; 2020).

Mestre de Teoría e Análise en aCentral Folque, imparte regularmente cursos e conferencias sobre música tradicional e didáctica da música. Participou como ponente no WOMEX 2014 e na conferencia celebrada en homenaxe a Zoltán Kodály no Instituto de Musicoloxía da Academia de Ciencias Húngara en 2017 (Budapest).

Como autor, asina A Basic Guide to Folksong Analysis (Budapest: Liszt Academy of Music, 2019) e colabora en publicacións como Romanceiro tradicional. Breve antologia das recolhas do Seminario Menéndez Pidal na Galiza (1977-1983) (aCentral Folque, 2019; con J.L. Forneiro) ou Gustav Henningsen. Gravacións musicais en Galiza 1964-1968 (aCF, 2017; con Xavier Groba), entre outros títulos.

Mantén o blogue sobre música tradicional www.analisemusical.wordpress.com., visita indispensábel para todas as persoas que queiran coñecer máis e mellor o patrimonio musical de tradición oral.

Detalle das sesións:

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

One Comment

  1. Pingback: Curso continuo de análise 2023-2024 | Análise musical

Deixa un comentario