Aula Folque No Campo de Fóra

Co concerto da Aula de violino da Escola de Música aCFolque rematan as actividades do ciclo No Campo de Fóra que aCentral Folque organiza nos centros socioculturais de Compostela neste 2026. Este concerto terá lugar no CSC de Figueiras (rúa do Vencello, 37) ás 18.30 horas con entrada libre e para todos os públicos.

Sobre o grupo 

A aula de violino da Escola de Música de aCentral Folque está formada polo alumnado de todos os niveis que regularmente aprenderon nos últimos anos nesta especialidade impartida dentro da escola da EMaCF e dirixida polo mestre, compositor e arranxista Carlos Quintá. Estes músicos estarán presentes para ofrecer un recital entretido e variado en varias formacións e integrado por Manuel, Nazaré, Hilda , Pablo, Mariana, Sandra, Xoana e Alejandro.

A aula pivotou pedagoxicamente na interpretación en grupo arredor da música patrimonial galega. Baseado no repertorio de baile e canto tomando como referencia o de gaita principalmente así como na escasamente conservado pero riquísimo estilo en Galiza especificamente para o violino. A través de técnica específica para violino: dixitación, tonalidades, ornamentación, golpes de arco, etc. poñendo en valor a transmisión oral e a memoria musical.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario