Aulas de canto e pandeireta


Máis un ano ofrecemos aulas colectivas de canto e percusión co obxectivo de crear un grupo estábel de persoas e aprendermos cantando repertorio popular. Están pensadas para todo tipo de persoas. A súa finalidade é dotar ó alumnado das destrezas necesarias no desenvolvemento da súa voz e do manexo da pandeireta para acompañarse a si mesma dentro do contexto colectivo dun grupo. As aulas do curso 2024/25 comezarán a partir do xoves 11 de outubro e rematarán o 18 de xuño. Son 32 sesións en total ao longo do curso académico.

MATERIA, MESTRE e HORARIO

Mestre: Serxio Cobos
Lugar: CSC Romaño
Horarios: Xoves de 20.00 a 21.00

Se queres saber os prezos e como matricularte, pica aquí

Sergio Cobos, mestre de Baile e Canto e Pandeireta

Un dos bailarinos máis experimentados do país, con máis de 20 anos adicado ao ensino de danzas tradicionais e intérprete e autor de coreografías desde finais dos anos 90. É coautor de libros para métodos de baile tradicional (Zampadanzas do mundo; Para cantar e bailar); creador da música de espectáculo que mesturan o baile tradicional coa danza contemporánea coa súa compañía Circio (Baile de soños); acordeonista do trio Mala Herba. Os últimos anos foi desde o Alentejo para todo Portugal desde onde activou unha escena de baile galego no país veciño.

Acerca de Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Garda a Ligazón permanente.

Deixa un comentario