Carlos Quintá imparte máis un ano a especialidade de violino na Escola de Música de aCentral Folque no CSC da Trisca. Este ano as aulas serán os mércores pola tarde a partir das 16.30h fundamentalmente como docencia en grupo e posibilidade de horas individuais atendendo as necesidades de cada alun@.
Para saber prezos e facer a inscrición, pica aquí
Sobre a aula
Baseado no ensino de repertorio de gaita principalmente así como na escasamente conservado pero riquísimo estilo en Galiza. Atención tamén a outras culturas europeas onde este instrumento ten unha importante presenza: países escandinavos, illas británicas, centro e leste de Europa. A través de técnica específica para violino: dixitación, tonalidades, ornamentación, golpes de arco, etc. poñendo en valor a transmisión oral e a memoria musical.
Sobre o mestre
Carlos Quintá é diplomado en Maxisterio, músico e compositor. Acordeonista e violinista de vocación, primeiro formado no ámbito académico e despois de maneira autodidacta con interese polas músicas populares e a música moderna. Productor e arranxista dos discos de Linho do Cuco 3; As alegrías e Viva Viva! e Peixe de Xisco Feiijoo. Co grupo Oradaladou graba e produce o disco Cantigueiro de Cotobade; co grupo Estatalá, orientado as músicas de baile, actúa desde o 2015. En 2020 edita xunto a Pedro Pascual De Botóns , Cantigueiro galego para acordeón diatónico Ten colaborado en directo en estudo con grupos como: Motor Perkins, Os Cempés, Ataque Escampe ou Marful. No ano 2005 comeza a súa colaboración co grupo Seisdedos de marionetas tradicionais. No 2018 participa no elenco de Os Romeiros do Caracol de Fantoches Baj como músico e titiriteiro. Dende os 2014 forma parte da compañía Paporrubio de xogos tradicionais.