As Spring Masterclass son aulas maxistrais en liña exclusivas para a serie Zona da Zanfona Digital na primavera de 2026.
Desde principios de abril ata finais de maio, diferentes aproximacións ao mundo da zanfona en sesións con profesores internacionais, ademais dunha morea de material extra para seguir estudando nos meses posteriores e coñecer da man de especialistas nos seus eidos as características particulares e as linguaxes musicais de cada rexión. Catro obradoiros en liña para intérpretes de zanfona de todos os niveis en preparación para o 22º Zona da Zanfona que terá lugar en outono de 2026.
Haberá dúas citas mensuais unha aprendizaxe directa nunha sesión intensiva de dúas horas con cada mestre, cunha breve introdución ao contexto e á historia; explicación do estilo; proposta de exercicios e melodías; quenda de preguntas e conversa en directo.
Ao final de cada obradoiro, entregarase material extraordinario para seguir estudando.
As sesións teñen lugar os domingos de 18:00 a 20:00 (hora central europea de verán ou UTC +2).
Estas son as propostas deste ano:
- Eléonore Fourniau: 5 de abril. Música folk de Anatolia
- Sebastian Falk: 26 de abril. Polska na zanfona
- Martín Blanes: 17 de maio. Jazz & Beyond. Zanfona creativa e improvisación.
- Sébastien Tron: 31 de maio. Técnicas estendidas e enfoques transculturais
Detalles xerais:
- Tipo: en liña + material extra de estudo
- Duración: 2 horas
- Horario: de 18:00 a 20:00 (UTC+2 ou hora central europea de verán)
- Data: domingos
- Idioma: inglés con acento rexional
- Consultas: matricula@folque.com
Inscrición: segue esta ligazón e enche o formulario online a seguir
Esta actividade é feita na Galiza por aCentral Folque co apoio da Deputación Provincial da Coruña, Departamento de Cultura e o Concello de Santiago de Compostela












