Baile Assalto: especial Ceilidh

BaileAssalto_web2O Baile Assalto de novembro ten unha mención especial para as danzas e ritmos escoceses, ou o que naquel país chaman Ceilidh, bailes colectivos participativos e sinxelos coa mellor músicos ao vivo a cargo de Carricoband e de Bitoke que tocarán jigs, reels, barn dances,… alén dos ritmos de moda: bourrée, mazurka, chote, valse, chapeloisse,… e por suposto xotas, muiñeiras e pasodobles!

O obradoiro de danzas escocesas está dirixido por Suso Cancelas.

O comisariado do baile e dirección do obradoiro correrá a cargo de Suso Cancelas.

O Bailes Assalto son lugares de encontro para danzar coa mellor música ao vivo os bailes europeos e americanos de moda cada segundo venres de mes (con excepcións!) na Gentalha do Pichel (Santiago DC). A entrada é de 4 € (5 € para quen non sexa alunado da ELMPG ou soci@ da Gentalha).

A Carricoband xúntase ao redor da rúa da Carricova en Compostela, barrio de San Pedro, cuns músicos de Touro, Ribeira, Teo e Escocia. Son unha banda cun toque irlandés e escocés e uns condimentos de música gallega, rumana y nórdica.

Bitoke é o dúo para o baile que forma Ariel Ninas con algún percusionista afín, desta volta está César Boquete de Faíscas da Pontragha ao bombo.

Suso Cancelas é un dos especialistas máis veterano ao redor das danzas do mundo en Galicia, activista no grupo de baile A Monteira e conductor de varios bailes regulares no país. Ten experiencia coma docente en cursos especializados das máis diversas danzas europeas.


 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario