Baile Assalto de febreiro

Graphic13Volta o Baile Assalto ao calendario. Este segundo venres de mes, 13 de febreiro, a partir das 21.30h na Gentalha do Pichel, organízase un BA especialmente adicado á música e danzas de Gasconia co dúo de Bordeaux, La Forcelle. Para completar o cartaz, dous mestres da ELMPG, Carlos Freire e Ariel Ninas co dúo Bitoque.

Gasconia é o territorio máis occidental da Occitania, esa cultura do sur do país franco, berzo dunha música moi interesante e uns bailes colectivos divertidos e sinxelos de aprender. Para amenizar o baile contaremos coa música ao vivo dun dúo de burdeos, La Forcelle, que acaban de publicar o seu segundo CD, Lestrille depois de máis de un lustro tocando nas “bals trad” de Francia. Para completar a noite, Bitoque, un dúo para o baile, zanfona+percusión cos ritmos máis populares do Baile Assalto: mazurka, circle, bourrée, schottish, xota, muiñeira, valse e pasodoble…

La Forcelle

  • Camille Raibaud: violino
  • Lolita Delmonteil Ayral: acordeón diatónico

Este duo lévavos en terra de Gasconha, para un baile/concerto cheo de tradición e creación. Poderiamos pensar que todo foi feito na óptica duo acordeón/violin, e asi é. Un fondo de musica sensible, dous músicos en simbiose, unha enerxía desbordante, algo de humor, amor e de delicadeza. Son os ingredientes da alquimia que une ao dúo, degoiroso de compartir cos bailadores, o melomano, ou o simple paseante a súa música.

Vídeo de La Forcelle, pica aquí

Bitoque:

  • Ariel Ninas: zanfona
  • Carlos Freire: batería

“É o clavo que leva a llanta”, son as verbas de Concha de Luneda para explicar o que “bitoque” significa. Para o caso, é o dúo que o zanfonista Ariel Ninas ten para un repertorio de bailes europeos acompañado de algún percusionista variable e segundo disposición. Estrea formación con Carlos Freire, mestre da Escola Livre da Música Popular, e músico de bandas coma a de Susana Seivane, Alba María ou Xoel López.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

One Comment

  1. Esperamos que se repita para poder escoitar e bailar cos seus toques

Deixa un comentario